“A forza dos votos”. Luís Celeiro

12 Xullo 2026

Si, sen máis, tronzáronlle o camiño, como quen tronza unha torada, unha desas toradas de carballo
centenario, cos seus varelos ergueitos, igual que as pólas dos castiñeiros sombríos. Cortáronlle a
mirada e eles miraron para outro lado. Moitos fano para non ver o que hai que ver o que hai de lado.
Así anda o mundo, cadaquén mirando, escoitando e aplaudindo o que se transmite a través das
consignas da mentira, a través dos medios dos que dispoñen aqueles que pretenden enlodar o
ambiente, as relacións, as xustificacións, por xustas que sexan.
Todo está resolto e non se resolveu nada. Quen acorda? E, quen decide? Non hai moito tempo,
menos de trinta anos, nunha institución académica (con máis de catro mil traballadores daquela) a
un funcionario eficiente en todo, traballador e, ao parecer, competente no seu posto de conserxe,
chamárano para ser liberado do sindicato ao que pertencía. Empurrado pola súa condición de
servizo aos colegas, aceptou o posto e foise laborear para o sindicato.
Inmediatamente ponse en marcha o mecanismo establecido para contratar a un conserxe
substituto. Todo foi ben, correcto e conforme ás normas establecidas e aprobadas con
anterioridade. Gaña a praza e comeza a traballar o substituto (no tribunal, conforme a ordenación
legal, estaba o substituído en representación e nomeado pola parte sindical). Todos contentos, pero
decontado este substituto atende a chamada do mesmo sindicato para cubrir outra praza vacante
de liberado (un posto cualificado para atender as ordes do sindicato). Todo correcto e seguimos.
Aproximadamente, aos tres meses, ao sindicato cómprelle outro liberado e chaman a substituta do
substituto. Unha muller traballadora, elegante na vestimenta, arrogante no seu parecer (ser), pero
fiel compañeira e amiga dos que lideraban a organización e de moita xente que estaba refrescando
a memoria. Foi substituída por outra que, aos dous días de tomar posesión, preséntase ás elección
para ser representante dos traballadores e traballadoras no Claustro Universitario. Desta vez non,
non foi elixida.
Á súa candidatura interrompeulle o camiño a forza dos votos, “dos votos subsidiados daqueles
traballadores fielmente domesticados e absolutamente insolidarios”. Aí está, como di a Tía Manuela,
“o falar non ten cancelas”.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España”. Alberto Barciela

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.