A Escola de Verán de Dodro inclúe actividades de lecer e aprendizaxe ata o 4 de setembro de xeito cen por cen gratuíto

15 Xullo 2026

O pasado 22 de xuño deu comezo a Escola de Verán de Dodro, dentro do Programa Corresponsables, que se prolongará ata o vindeiro 4 de setembro, co obxectivo de promover a conciliación da vida familiar, laboral e persoal, así como impulsar modelos de corresponsabilidade e igualitarios entre a veciñanza de Dodro.

Esta actividade, co-financiada polo Concello de Dodro, a Consellería de Política Social e Igualdade e o Ministerio de Igualdade do Goberno de España, ofrece unha ampla variedade de actividades das que gozarán ao longo do verán máis de 60 nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.

A Escola de Verán desenvólvese nas instalacións do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, converténdose nun espazo de lecer, aprendizaxe e convivencia para a infancia do municipio durante o período estival.

O programa de actividades inclúe tamén a realización de actividades festivas para as familias (como a celebración do 1 de xullo que incluíu cancións, bailes e un divertido mini partido de fútbol no que incluso algunha mamá animouse a participar) e de xornadas de traballo interxeracional coas persoas maiores de Dodro (con saídas ao Centro de Día para favorecer o lecer de pequenos e maiores e o intercambio de coñecemento).

A Escola de Verán de Dodro é totalmente gratuíta para as familias participantes, sendo Dodro o único concello da comarca que non cobra ningunha taxa por este servizo.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.