A Deputación da Coruña concede máis de 10 millóns en axudas do PEL a 1.510 autónomos, microempresas e pemes

29 Xullo 2026

A Deputación da Coruña vén de resolver a concesión das axudas do Plan de Emprego Local (PEL) 2026, que este ano repartirán 10.036.501,39 euros entre 1.510 persoas autónomas, microempresas e pemes da provincia, especialmente dos concellos do rural.

No seu balance, o presidente provincial Valentín González Formoso incidiu en que, dez anos despois da súa creación, “o PEL da Deputación da Coruña é o maior plan de emprego impulsado por unha administración local en Galicia” e conta con liñas específicas que se adaptan a cada sector “desde axudas para contratar persoal, comprar nova maquinaria ou pagar a cota de autónomos ou o alugueiro dun local. A forza do PEL está precisamente en adaptarse ás necesidades reais do tecido económico da provincia”, explicou.

Lembrou que o Plan de Emprego Local artéllase este ano a través de catro liñas principais: PEL-Autónomos/as, PEL-Emprende Investimento, PEL-Pemes Creación e Ampliación do cadro de persoal e PEL-Pemes Mantemento do cadro de persoal.

Apoio para 730 autónomos

A liña PEL-Autónomos/as chegará este ano a 730 profesionais de concellos de menos de 10.000 habitantes, que recibirán 2.199.898,39 euros para sufragar gastos fixos da súa actividade. Como novidade, este ano a convocatoria incorpora tamén axudas para facer fronte ao alugueiro de oficinas, baixos comerciais ou centros de traballo, ademais do apoio habitual ao pagamento das cotas á Seguridade Social.

Os concellos con maior número de persoas beneficiarias nesta liña son Mazaricos, con 38 axudas concedidas; Santa Comba, con 35; Ortigueira, con 33; e Cedeira e Negreira, con 29 cada un. Por comarcas, a área de Santiago concentra 218 solicitudes concedidas, por importe de 660.286,39 euros, seguida da comarca da Coruña, con 163 axudas e 490.486,84 euros.

276 empresas reciben axudas para investimentos

A través de PEL-Emprende Investimento, a Deputación destinará máis de 2,75 millóns de euros á modernización de 276 microempresas, pemes e persoas autónomas de concellos de menos de 10.000 habitantes. Estas axudas cobren ata o 70% dos investimentos en aplicacións informáticas, maquinaria, mobiliario ou equipos vinculados directamente coa actividade empresarial, cun máximo de 17.500 euros por beneficiario.

Neste caso, As Pontes, con 18 empresas beneficiarias e 286.344,52 euros, e Monfero, con 16 empresas e 308.862,12 euros, son os concellos con maior número de solicitudes concedidas. Por comarcas, destaca Ferrol, con 91 axudas e 995.414,64 euros, seguida de Bergantiños, con 502.406,71 euros. Ademais, o 95% das entidades beneficiarias son profesionais autónomos e o 100% das empresas que reciben este ano estas axudas non foran beneficiarias en convocatorias anteriores.

Axudas para 504 contratacións

As axudas do PEL permitirán este ano financiar 504 contratacións. A liña PEL-Pemes Creación permitirá realizar 342 novas contratacións en empresas e negocios de concellos de menos de 20.000 habitantes. A Deputación achegará 3.494.674,18 euros para sufragar ata o 60% dos custos salariais e de Seguridade Social do novo persoal contratado.

Santa Comba, con 19 axudas por importe de 201.735,60 euros, é o concello con maior número de solicitudes concedidas nesta liña, seguido de Cee e Mazaricos, con 15 cada un. Por comarcas, a de Santiago de Compostela suma 114 solicitudes e 1.168.231,39 euros, e Bergantiños-Costa da Morte 87 empresas beneficiarias por importe de 885.518,80 euros.

A liña PEL-Pemes Mantemento do cadro de persoal permitirá manter durante un ano máis 162 contratos indefinidos realizados ao abeiro da convocatoria anterior. Neste caso, a Deputación destinará 1.582.227,94 euros a pemes e microempresas de concellos de menos de 20.000 habitantes.

As axudas poden acadar ata o 50% dos custos de contratación, cun máximo de 11.000 euros cando se trate de persoas pertencentes a colectivos vulnerábeis (mulleres, menores de 30 anos, maiores de 45, persoas con diversidade funcional ou persoas desempregadas de longa duración) e de 10.000 euros no resto dos casos. O 76,54% dos contratos subvencionados son a xornada completa e máis da metade, o 52,47%, corresponden a persoas pertencentes a algún colectivo vulnerábel.

Dende a súa posta en marcha, o Plan de Emprego Local repartiu máis de 140 millóns de euros, xerou 9.033 empregos e contribuíu á creación de 15.539 empresas na provincia. “Son cifras que demostran que, cando as administracións apostan polo territorio e confían nas pequenas empresas, os resultados chegan”, concluíu o presidente da Deputación.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.