A Cachada acolle unha nova edición de Boiromotos os días 24, 25 e 26 de xullo

21 Xullo 2026

O Parque da Cachada acolle os días 24, 25 e 26 de xullo unha nova edición da concentración moteira Boiromotos 2026, que organiza o motoclub Boiromotos coa colaboración do Concello de Boiro.

O programa de actividades comeza o venres 24 de xullo a partir das 17.00 horas con inchables e tamén adestramentos de coches radio control e enduro e, pola noite, verbena con DJ MaikStyle, DJ Matrek e DJ Goro.

O sábado as actividades abertas ao público comezan ás 11.00 horas cunha exposición de motos oldies e clásicas; haberá tamén curso de seguridade viaria para nenos/as e inchables e adestramentos de coches radio Control e mexilloada. Xa pola tarde exhibición e proba de coches radio Control, xogos e concursos e exhibición Stunt co piloto Emilio Zamora. Pola noite DJ Manu X, DJ Tito Maverick e DJ Places.

As actividades rematan o domingo coa ruta libre que sairá ás 10.30 horas.

Venres 24 de xullo

17.00h – apertura de inscricións e inchables

18.00h – adestramentos de coches radio Control CRAWLER a cargo do Club Barbanza 4×4 Sport RC

Enduro con motos vintage

22.00h – cea para inscritos

23.00h – verbena con DJ MaikStyle, DJ Matrek e DJ Goro

Sábado 25 de xullo

9.00h – almorzo para inscritos

10.30h – apertura de inscricións

11.00h – exposición de motos oldies e clásicas a cargo de Old Shool Galician e Arousa team

Zona reservada para Ducati polo seu 100 aniversario

12.00h – curso de seguridade viaria para nenos/as e inchables

adestramentos de coches radio Control CRAWLER a cargo do Club Barbanza 4×4 Sport RC

12.45h – mexilloada

14.15h – comida para inscritos

16.30h – curso de seguridade viaria para nenos/as

Exhibición e proba de coches radio Control CRAWLER a cargo do Club Barbanza 4×4 Sport RC

Tiro de corda, xogos e inchables

Concurso de Motos Oldies

Concurso de Motos Clásicas

19.30h – exhibición Stunt co piloto Emilio Zamora

22.00h – cea para inscritos

23.00h – verbena con DJ Manu X, DJ Tito Maverick e DJ Places

Domingo 26 de xullo

9.00h – almorzo para inscritos

10.30h – ruta libre con pinchada

14.15h – comida para inscritos

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.