“A asfixia tamén é crime contra da Humanidade” – Antón Luaces

24 Xullo 2026

De primeiras os españois chegamos a Cuba para a conquistar no nome do reino de España. E no longo proceso de permanencia hispana na maior das illas antillanas, foi o capital estadounidense o que sentou as bases dun imperio gobernado polo dólar na media luz do malecón e a tiro de canón do castelo do Morro, na Habana, cando o galo cantaba un son guajiro no amencer isleño.

Desde Ramón Grau San Martín (na segunda metade dos anos 40 do século pasado) ao actual Miguel Díaz-Canel, Fulgencio Batista foi, con Fidel e Ramón Castro, dos persoeiros máis sobranceiros da historia de Cuba nos últimos cen anos, unha illa na que a corneta marcaba as horas dende Bahía Cochinos a Guantánamo, pasando polo Centro Galego da Habana e o Capitolio, a Catedral, o Museo da Revolución ou a “Bodeguita del Medio” co peso como moeda en troques do sempiternamente chorado dólar do que aínda falan  os vellos “haigas” e as históricas  bicicletas.

  No devir do tempo, Cuba foi reducindo a súa capacidade de decisións; mais nunca chegou á situación nna ue actualmente se atopa con, por riba, ter a constante ameaza de Donald Trump, que a considera unha ameaza.

A este respecto, Díaz-Chanel rexeitou un informe do Departamento de Estado norteamericano contra Cuba e asegurou que ese documento tenta presentar á Illa coma unha ameaza, acusacións quen cualificou de falsas e manipuladas. Para resumir a súa postura utilizou o refrán “Coida o ladrón que todos son das súa condición”.

Resulta contraditorio, engade, “que Washington acuse a Cuba de espionaxe cando, durante décadas, Estados Unidos desenvolveu accións encubertas, operacións hostís e campañas contra do Goberno cubano”.

 O presidente Díaz-Canel sinalou que “son públicas as partidas millonarias destinadas cada ano a programas de cambio de réxime” en Cuba, fondos “que financiaron estratexias de presión política, subversión, propaganda e outras accións dirixidas a debilitar o orde institucional do país”.

O presidente cubano lembrou varios episodios que Cuba atribúe á política estadounidense : “a introdución de pragas e enfermidades, a epidemia de dengue hemorráxico que provocou a morte de 101 cativos, a sabotaxe dun avión de Cubana de Aviación con 73 persoas a bordo, as bombas colocadas en hoteis, os intentos de magnicidio e as campañas de guerra psicolóxica”. 

O bloqueo económico, comercial e financeiro e outro argumento empregado, segundo a denuncia do presidente da Illa, Díaz-Canel.

Para cando que EUA deixe en paz a Cuba e os cubanos?.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.