A agrupación Tanto Nos Ten prepara unha foliada para este xoves na Eira da Malla de Bexo (Dodro)

14 Xullo 2026

A Eira da Malla en Bexo (Dodro) vai ser o escenario este xoves 16 de xullo dunha nova actuación musical, desta volta a carto da agrupación Tanto Nos Ten, a partir das 19.00 horas. Será en clave de foliada aberta a veciñanza e visitantes. Tanto Nos Ten é un grupo que leva máis de 15 años formando parte da escena musical galega e presente en moitos dos festivais da Galiza e Portugal. Os músicos de Tanto nos Ten utilizan con mestría as voces e os instrumentos tradicionais como a gaita, o clarinete, o acordeón, o tamboril, o bombo con pratos, a pandeireta ou as cunchas, instrumentos aos que fan falar co seu propio e festivo linguaxe.

O grupo utiliza no seu repertorio músicas e letras propias que reflicten na súa implicación coas problemáticas sociais, músicas de saber popular, retranqueiras e de escarnio que, xunto ós pasodobres, muiñeiras, foliadas, rumbas e outros ritmos bailables, conforman o que eles chaman “música tradicional furtiva”.

Trátase dunha cita abeirada á Rede Cultural da Deputación da Coruña e conta coa colaboración do Concello de Dodro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.