“Un motor diésel para o tren da igrexa católica que percorre España”. Antón Luaces

07 Xuño 2026

Dende Pío XII (que gobernou a igrexa católica entre os anos 1939 e 1958) ata o actual Papa León XIV, coñecín do labor papal dun total doutros cinco bispos de Roma, xefes do estado Vaticano: Xoan XXIII (1958-1963), Pablo VI (1963-1978), Xoan Pablo I (que so estivo 33 días ocupando a cadeira de Pedro, en Roma, durante o ano 1978), Xoan Pablo II (1978-2005), Benedicto XVI (2005-2013), Francisco (2013-2026) e, na actualidade, León XIV quen, xa no seu primeiro día en Madrid, reclamou á sociedade percurar a verdade. Un reclamo asisado e en tempo porque a capital de España está a ser tamén nos últimos tempos capital das mentiras, das “fake”. Especialmente no eido político, cuxa repercusión afecta especialmente a este ámbito na maioría dos partidos representados nas Cortes.

Gardo especial memoria (non son católico prácticante) de Xoan XXIII, Xoan Pablo II e Francisco I. E, sen ter unha opinión aínda non ben formada do por que, comezo a sentir un recoñecemento vivo por León XIV, de quen se di (son tan só 40 horas de permanencia en España) que cando foi prior xeral de San Agostiño, Robert Francis Prevost (que así se chama o estadounidense descendente ao parecer de galega) era un “motor diésel”: primeiro observa, pregunta, fáise unha composición do estado das cousas e dempois actúa; primeiro pensa e posteriormente clarexa”.

Así o din aqueles que o coñeceron nos tempos do seu priorado, previos á publicación o pasado mes de outubro da exhortación apostólica DILEXI TE (Améite) sobre o amor aos pobres, reafirmando o enfoque principal do Papa Francisco: os pobres deben estar no centro da igrexa católica. 

O mesmo papa norteamericano condenaba decidídamente o pasado mes de marzo a acción militar conxunta de EUA e Israel en Irán; e coa cooperación Furia Épica, asimesmo criticada polo Papa, Donald Trump comezou a, polo menos, botar fóra de territorio iraniano aos seus militares, algo no que directa ou indirectamente tamén ten que ver un Papa que atende, sorrí e, dou por feito, actúa. 

Oxalá a opinión do reitor da igrexa católica sexa máis asumida que a da ONU.

Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.