Salvador Mariño-Ageitos nomeado director xeral de Atención Primaria e Comunitaria

03 Xuño 2026

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, presidiu este mércores 3 de xuño o acto de toma de posesión do médico Salvador Mariño-Ageitos Monteagudo (Ribeira, 1973) como novo director xeral de Atención Primaria e Comunitaria do Servizo Galego de Saúde, onde reafirmou a aposta da Xunta pola potenciación e reforzo deste nivel asistencial.

Ao acto tamén asistiu a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, e a secretaria xeral da Consellería de Sanidade, Natalia Lobado, ademais de membros do equipo directivo e das distintas áreas sanitarias.

Na súa intervención, o titular da carteira sanitaria lembrou que “esta nova dirección xeral créase co obxectivo de consolidar este nivel asistencial como o verdadeiro motor e pedra angular do sistema sanitario público galego e para levar a cabo a reforma integral á que se comprometeu o Goberno galego”.

A Consellería de Sanidade busca así fortalecer o primeiro nivel asistencial e reforzar o seu papel central para potenciar os recursos existentes.

A nova dirección xeral de primaria asegurará a coordinación, o seguimento continuo e a correcta execución da reforma integral deste nivel asistencial, que a Xunta se comprometeu a presentar no primeiro semestre do ano.

Tamén dixo o conselleiro que este é un dos primeiros paso da reforma de primaria. Así, ademais de modificar a estrutura do Servizo Galego de Saúde tamén se potenciará o papel dos xefes de servizo.

Pola súa parte, o novo director xeral salientou que “a sanidade galega está entre as mellores do mundo, grazas aos seus profesionais, e afirmou que entende a atención primaria como o lugar no que se coida á persoa na súa totalidade e ao longo de toda a súa vida”.

Salvador Mariño posúe unha ampla traxectoria médica e de xestión ligada ao Servizo Galego de Saúde (SERGAS), culminada co seu nomeamento en xuño de 2026 como o primeiro director xeral de Atención Primaria e Comunitaria da Xunta de Galicia, cargo que este mércores 3 de xuño oficializouse formalmente. Salvador foi director do Hospital do Barbanza.

Outros artigos

Este xoves 11 teremos ceos con nubes altas e unha suba das temperaturas

Galicia vivirá este xoves 11, San Bernabé, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica, coa influencia anticiclónica e a entrada dunha masa de aire cálido procedente de latitudes inferiores. Agárdanse ceos con nubes altas, aínda que estas non impedirán o paso...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

Acabó la temporada futbolística y, con ella, las alegrías, las decepciones, los ascensossoñados y los descensos temidos. Pero cuando el balón deja de rodar queda tiempo parareflexionar sobre algunas cosas que ocurrieron en los estadios y que merecen unareflexión.Una...