“Primeiro o amor, despois ciencia” – Antón Luaces

11 Xuño 2026

A frase corresponde a Antoni Gaudí, arquitecto catalá responsable do deseño da basílica barcelonesa da Sagrada Familia, cuxa torre de Xesús Cristo bendiciu a pasada noite o papa León XIV, en presencia dos Reis de España e a maior parte do Goberno e o da comunidade autónoma de Cataluña, alcalde de Barcelona e membros dos órganos representativos da igrexa española. A bendición da torre ven ser, na práctica, o cumio da obra -aínda que quedan anos para o remate definitivo do templo- de Gaudí, cuxa faciana no ceo barcelonés formou parte dun  impresionante espectáculo de luces e drons que TVE transmitiu para todo o mundo nunha evidente mostra da capacidade técnica e persoal da televisión pública española que, a min particularmente, me fixo lembrar a transmisión  que a  mesma televisión fixera da inauguración e clausura dos xogos olímpicos de Barcelona. 

Ben se poden gabar os barceloneses do tino empregado para conxugar a solemnidade relixiosa do acto deste carácter que se desenvolveu no interior da basílica, coa grandiosidade músico-vocal e, no exterior, o devandito espectáculo de luces e drons que nunca tal se vira no cro de España. Sinxelamente espectacular e sen entrar nunca no chabacano. Cabe no posible que non exista moita coincidencia entre o que digo e o que pensa o lector; mais teño o convencemento de que o visto a pasada tarde-noite en TVE só foi posible porque os deseñadores de tal evento relixioso-festivo estaban en Cataluña. Máis concretamente, en Barcelona. E a capacidade de TVE para levar a cabo un evento destas características está máis que demostrada (o que non quere dicir nada en demérito das outras televisións nacionais, abofé).

Completando o panorama, cómpre citar ao causante deste comentario: o papa León XIV, centro da atención de millóns de españois ou residentes en España que, ben na rúa seguindo a  traxectoria papal ou ben na radio e na televisión que transmitiron -ao igual que o van facer hoxe desde  Canarias- a estadía de León XIV en Madrid e Barcelona, atoparon/atopamos unha autoridade moral que, sen se ocupar directamente de asuntos como a pederastia no seo da igrexa, sí soubo dar resposta (como fixo onte en relación cos instigadores das guerras) a outros asuntos que tamén ocupan e preocupan no noso país. Por exemplo o trato aos emigrantes de formacións políticas que, como é o caso dos acordos PP-VOX para o goberno de comunidades coma Extremadura, Aragón e Castela-León (mesmo pode ser posible en Andalucía) se goberne tendo no punto de mira á emigración a España desde formulacións prioritarias en contra deste amplo colectivo que tanto incide en sectores concretos de traballo e que inciden favorablemente na economía do país.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.