“Pedro Sánchez, segue. Emiliano García-Page, persiste”. Antón Luaces

27 Xuño 2026

O comité federal do PSOE  celebrado o sábado en Madrid, almorzou co retrouso do presidente de Castela-A Mancha, Emiliano García-Page, quen afirmou que o actual “é o pior momento da historia recente” do PSOE, o que lle serviu unha outra vez para demandar a celebración de eleccións, peticion que, a día de hoxe e á vista do resultado deste comité, semella non contar co apoio necesario do partido para así facelo. E menos aínda co acordo do secretario xeral so PSOE e presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, que afirmou ao remate da sesión do comité que a que coida é a opinión dunha “corrente minoritaria” no seo do partido, “debe abandonar toda esperanza”, o que se entendeu asimesmo coma resposta ás críticas de Page.

A corrupción que afecta ao partido centrou en grande medida o debate partidista celebrado a porta pechada. Un debate no que Sánchez introduciu os casos da súa dona e o seu irmán coma “percha” na que colgar a petición de que “a xustiza sexa xusta”.

O Congreso Federal do PSOE deste sábado foi, sen dúbida, un dos máis tensos do mandado de Pedro Sánchez coma secretario xeral, navegando agora entre a corrupción e a evidente minoría coa que debe afrontar a acción de goberno.

Un comité federal marcado polas frontes xudiciais e con, en teoría, a obriga de ir contracorrente dos socios gobernamentais, máis decididos pola convocatoria de eleccións e con nomes propios lixugando a traxectoria do partido: Santos Cerdán, Ábalos, Koldo, Leire e os reproches case que constantes do bloque de investidura.

Poderá facer valer a “resistencia” que en boa medida motiva a Pedro Sánchez?.  

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.