Padrón rende homenaxe a Xosé Vizoso cun mural na Piscina Municipal

25 Xuño 2026

O Concello de Padrón rendeu homenaxe esta semana a Xosé Vizoso coa inauguración dun mural na Piscina Municipal, unha obra realizada polo propio artista que servirá para manter vivo o legado dun dos creadores máis destacados da cultura galega contemporánea.

No acto participaron o alcalde de Padrón, Anxo Arca, e a concelleira Chus Campos Varela, acompañados polo alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín; o artista Camilo Seira, e persoal técnico dos concellos de Padrón e Brión.

A nova intervención artística pasa a formar parte das instalacións deportivas municipais, achegando, en palabras do Concello, “un novo valor cultural a un espazo moi frecuentado pola veciñanza”. O mural constitúe ademais unha mostra de recoñecemento á figura de Xosé Vizoso, creador cunha ampla e recoñecida traxectoria no ámbito do deseño, da pintura e da escultura.

Nado en Mondoñedo e estreitamente vencellado a Brión, Vizoso desenvolveu unha parte fundamental da súa carreira profesional en Sargadelos, converténdose nun dos nomes clave para comprender a evolución da arte e do deseño en Galicia nas últimas décadas. A súa obra contribuíu a proxectar a identidade cultural galega dentro e fóra das nosas fronteiras, deixando unha pegada que continúa inspirando a novas xeracións de artistas e creadores.

Durante a inauguración, os representantes institucionais destacaron a importancia de conservar e divulgar o patrimonio cultural galego a través de iniciativas que achegan a arte aos espazos públicos e á vida cotiá da cidadanía.

Con esta actuación, o Concello de Padrón reafirma o seu compromiso coa promoción da cultura e coa posta en valor de figuras que contribuíron de maneira decisiva ao desenvolvemento artístico e creativo de Galicia.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.