Padrón reivindica a diversidade cunha gran festa familiar polo Día do Orgullo, que pechará o concerto de Broken Peach

25 Xuño 2026

O Concello de Padrón conmemorará o vindeiro domingo 28 de xuño o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ cunha xornada festiva, participativa e aberta a toda a cidadanía baixo o lema Padrón con orgullo.

A praza de Macías converterase durante a mañá do domingo nun espazo de encontro e celebración da diversidade a través dunha programación gratuíta pensada para persoas de todas as idades.

“Dende o Goberno de Padrón defendemos un concello aberto, diverso e acolledor”, asegurou Mariló Saco, concelleira de Igualdade, engadindo que a iniciativa busca promover valores como o respecto, a igualdade e a liberdade, ao tempo que contribúe a visibilizar a diversidade afectivo-sexual e de xénero desde unha perspectiva inclusiva e accesíbel para toda a veciñanza.

A programación arrancará ás 11.00 horas co obradoiro Rostros con orgullo, unha proposta de maquillaxe libre e sen xéneros impartida por Meiga-i, dirixida a todos os públicos. A actividade convida a experimentar coa creatividade e a expresión persoal nun ambiente aberto e participativo.

Ás 12.00 horas será a quenda de Migallas Teatro, que representará a obra familiar Elas pintan moito, un espectáculo pensado para desfrutar en familia e achegar ás crianzas e ás persoas adultas referentes femininos e valores de igualdade a través das artes escénicas.

A continuación, ás 13.00 horas, Mariló Saco lerá o manifesto institucional do Día do Orgullo. O programa pecharase ás 13.15 horas cun concerto de Broken Peach, unha das formacións galegas con maior proxección, recoñecida pola súa potente posta en escena e a súa capacidade para conectar con públicos de todas as idades.

Toda a xornada estará conducida por Meiga-i, que exercerá de mestra de cerimonias e dinamizadora das diferentes actividades.

A participación en todas as actividades será libre e gratuíta ata completar a capacidade dos espazos.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.