“Oíase o silencio”. Luís Celeiro

22 Xuño 2026

A comunicación é esencial para o desenvolvemento, para o progreso e o avance da sociedade, para
arranxar o mundo e para que non haxa volta atrás. Para o Xacobeo e para que o Camiño de Santiago
sega con éxito, a comunicación é tan importante como a auga de maio para os prados das ladeiras,
das montañas ou das chairas sollías.
No que vai de ano, segundo as achegas da Oficina do Peregrino da Catedral de Santiago, recolleron a
Compostela cerca de douscentos mil peregrinos. Máis da metade viñeron do estranxeiro e andaron,
a grande maioría, polo Camiño Francés e, en segundo lugar, polo Camiño Portugués. Cada ano,
dende aquel 1993, o número de peregrinos e peregrinas aumenta en proporcións considerables,
achegando cada ano máis recursos nos distintos ámbitos.
A Compostela é para dicirlle a quen proceda que eras peregrino e vas de regreso. É un documento
que informa e acredita desa condición da persoa que a leva. Pero hai quen non a quere. Daquela,
eses peregrinos non forman parte dos datos estatísticos da Igrexa. Son igualmente meritorios
visitantes da terra, persoas estudosas e comprometidas coa arte, coa cultura xacobea e cos valores
do Camiño de Santiago.
Na época actual, se nos remontamos ao ano 1985, atopámonos co nomeamento de Elías Valiña
como comisario do Camiño e observamos que as tarefas que lle foran encomendadas estaban
relacionadas directamente coa comunicación. Eran a sinalización, a creación dun medio para
divulgar os valores do Camiño de Santiago, unir e agrandar o exército de voluntarios que
dinamizaran o fenómeno xacobeo e procurar a súa internacionalización.
É así foi, o cura do Cebreiro crea e fai, “El Boletin del Camino”, un meritorio boletín coas noticias
(poucas) que podían ser de interese para os defensores do Camiño, entendéndoo como un espazo
de comunicación en directo. Este Boletín, no congreso de Jaca (1987), transfórmase na revista
Peregrino, que segue editando con éxito a Federación Española de Asociacións de Amigos do
Camiño.
Considerando a permanencia no tempo do Camiño de Santiago, en 1991, o daquela conselleiro,
Victor Manuel Vázquez Portomeñe, impulsa, coa aprobación do Parlamento, un ambicioso proxecto
de dinamización económica e sociocultural de Galicia, o Xacobeo 93, no que, como dicía a Tía
Manuela, “oíase o silencio”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.