O Xuño Musical do Conservatorio de Noia arrinca este xoves cun concerto do alumnado (no Coliseo Noela ás 20h)

03 Xuño 2026

O Conservatorio de Noia (Conservatorio Profesional de Música “Felipe Paz Carbajal”) compartiu o programa de actividades do Xuño Musical 2026, unha axenda ateigada de concertos e actuacións para público de todas as idades.

De feito, o alumnado será o gran protagonista dun calendario no que non faltarán concertos didácticos, encontros con outros centros, actos de graduación e dúas representacións do musical baseado na música de Queen.
Será, en palabras do Concello, “unha excelente oportunidade para descubrir o talento dos nosos músicos e vivir a música en directo en diferentes escenarios de Noia”.

A axenda comeza este xoves 4 de xuño ás 20.00 horas no Coliseo Noela, ás 20h, cun concerto do alumnado do Conservatorio.

O xoves 11 celebrarase ás 20.00 horas no Coliseo un concerto didáctico do alumnado de grao elemental.

O venres 12 o Noela acollerá ás 20h un concerto de piano intercentros comarcal con alumnado da Escola de Música de Porto do Son, do Conservatorio de Ribeira e do Conservatorio de Noia.

O xoves 18 ás 20h haberá no Coliseo un concerto de alumnado do Conservatorio con motivo da graduación do alumnado de grao profesional.

O venres 19 ás 21h celebrarase en Calo-Teo (Campo de Rebordelo) un concerto coa Banda de de Música de SR San Xoán de Calo, coa Banda de Gaitas Estivada de Calo, coa Orquestra, Banda e Coro do Conservatorio de Noia (Queen, O Musical).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...