O programa Rúas Vivas levará a cultura a todos os recantos de Noia este mes de xullo

30 Xuño 2026

O Concello de Noia, a través da Área de Cultura, presentou a axenda de xullo do programa Rúas Vivas, que vén ateigado de propostas para desfrutar da cultura nas súas diferentes expresións en diferentes espazos urbanos da vila. “A través de Rúas Vivas, Noia convértese nun gran escenario ao aire libre onde a música, o humor, o cine e as actividades para todas as idades encherán de vida os seráns da nosa vila”, informou o Concello.

A axenda comeza este martes 30 de xuño cun Solpor en familia a cargo do Mago Charly Braun, na praza do Curro a partir das 21.00 horas.

O 2 de xullo será a quenda da agrupación local Habanoia, que ofrece un concerto na praza do Cantón a partir das 21.00 horas.

O 3 de xullo actúa Chiña na praza da Constitución, a partir das 22h. O 4 de xullo será a quen da de Jrilo e Amigos, cunha Noite de humor nas Portas do Mar a partir das 21h.

O 7 de xullo haberá actividades en familia no Paseo Marítimo a partir das 21h.

O 8 de xullo haberá cinema familiar: Bufalo Kids, na praza do Tapal a partir das 21h.

O 9 de xullo actuará José Manuel na praciña da Alameda ás 21h.

O 10 de xullo actúa Embrio en concerto nas Portas do Mar ás 21h.

O 14 de xullo será a quenda do Mago Lolo na Alameda ás 21h.

O 16 de xullo comezan as Festas do Carme en Noia.

O 22 de xullo toman a palabra Troula na Barquiña ás 21 no inicio do Paseo Marítimo.

O 23 de xullo haberá un concerto de violín con Alexandra Arca, en Santa María A Nova ás 21h.

O 23 haberá un karaoke con Chiña na praza da Constitución ás 21.30 horas.

O 24 de xullo actuará Aullido na praza do Curro ás 21.30 horas.

O 25 de xullo celebrarase o Festival do Monte do Bolo, durante todo o día, no monte do Bolo.

O 28 de xullo haberá actividades en familia ás 21 (emprazamento por determinar) e o 29 de xullo arrinca o Noia Harp Fest (o Festival Internacional de Arpa, ata o 1 de xullo).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.