O Programa Integrado de Emprego de Ribeira promove unha charla sobre o emprendemento cooperativo no 19 de xuño

05 Xuño 2026

O Viveiro de Empresas de Ribeira acollerá no 19 de xuño a charla E ti, coñeces a fórmula? Dentro do programa de sensibilización para o emprendemento cooperativo. Trátase dunha medida que promoven varias entidades, entre elas, o Programa Integrado de Emprego de Ribeira.

Este coloquio desenvolverase en horario de 09.30 a 13.30 horas e está aberto a toda a cidadanía en xeral, se ben especialmente orientado tanto a persoas desempregadas como emprendedoras, ou incluso ocupadas interesadas en coñecer a fórmula cooperativa e que poidan ter un potencial interese en desenvolver un proxecto de emprendemento cooperativo.

“Seguimos traballando para mellorar a empregabilidade da cidadanía e agora achegamos unha charla para dar a coñecer un modelo de negocio descoñecido para moitos como é o cooperativismo. Dende o Concello de Ribeira cremos neste tipo de medidas que axudan aos nosos veciños e veciñas a descubrir novas fórmulas cara mellorar a ocupación”, en palabras da concelleira de Promoción Económica, Carmen Pérez.

Os obxectivos son dar a coñecer o cooperativismo, o seu funcionamento e as súas vantaxes en comparación con outros modelos de negocio; eliminar mitos e prexuízos sobre os procesos de traballo participativos; e visibilizar como o emprendemento en cooperativa pode contribuír á mellora da empregabilidade e ao crecemento profesional. Para tal fin, seguirase unha metodoloxía activa e participativa con actividades grupais e coñecer experiencias neste modelo de negocio.

As prazas son limitadas e requírese inscrición previa a través do Whatsapp 669 150 809, enviando os seguintes datos: nome e apelidos, DNI e data de nacemento.

O dito programa enmárcase na Rede Eusumo, impulsada en colaboración coa Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social para o fomento do cooperativismo e a economía social; ademais do Programa de Emprego, Formación, Educación e Economía Social, Efeso, cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus para o período 2021-2027, a través do organismo intermedio Cepes.

Outros artigos

Martes 21, xornada de sol e lixeiro ascenso das máximas

Xornada con tempo maioritariamente seco, solleiro e de corte estival tanto na capital galega como en todo o litoral sur, aínda que coas habituais brétemas matinais da época. As Rías Baixas: o sol gañará a partida ás brétemas costeiras No litoral atlántico, a xornada...

+

Persoa trasladada logo dun incendio nunha cociña en Rianxo

Unha persoa foi evacuada ao Hospital Clínico de Santiago tras un lume que queimou a campá extractora e os mobles da cociña dun piso na rúa de Xosé María Brea Segade, en Rianxo. Foi a Policía Local a que informou ao 112 Galicia do incendio dez minutos despois das 5...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España, dos estrellas. Alberto Barciela

“España, dos estrellas. Alberto Barciela

ESPAÑA, DOS ESTRELLAS Este país es imposible inventarlo. Ni Azcona con sus guiones, ni Berlanga con sus corrosivas estampas de lo cotidiano, ni Picasso con sus trazos fragmentados, ni Dalí con sus deformados dibujos, ni Valle con sus esperpentos, ni Carandell con sus...

“La estrella y el Mundial”. José Antonio Constenla

“La estrella y el Mundial”. José Antonio Constenla

Ha terminado el Mundial y uno tiene la sensación de haber asistido a uncampeonato extraordinario pese a quienes lo organizaban. Porque, mientrasmillones de personas seguían con pasión cada partido, la maquinaria del fútbolmundial parecía empeñada en recordarnos que el...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.