O Museo do Mar Carmen Barcia pechou un mes de maio de récord

03 Xuño 2026

O Concello de Noia fixo balance da actividade xerada polo Museo do Mar Carmen Barcia durante o mes de maio. Segundo fixo saber a Administración local, máis de 1.000 visitantes descubriron durante o último mes a riqueza da nosa cultura mariñeira. Esta importante afluencia de público “consolidou o Museo do Mar como un dos grandes referentes culturais da vila”, informou o Concello, que xestiona o dito espazo xunto coa Asociación Mar de Noia, entidade que achegou fondos históricos e traballou arreo na defensa do patrimonio mariñeiro local.

Tras apenas cinco meses de funcionamento, o museo xa traballa a pleno rendemento, achegando a veciños e visitantes a historia, as tradicións e o patrimonio vinculado ao mar que forman parte da nosa identidade.

Dende o Goberno Municipal anunciaron tamén que nos vindeiros meses serán acometidas actuacións para reparar e mellorar todo o contido tecnolóxico do museo e co obxectivo de “seguir ofrecendo unha experiencia de calidade a todas as persoas que nos visitan”.

O Concello agradeceu a importante e imprescindíbel implicación do Asociación Mar de Noia polo “seu compromiso e polo magnífico traballo realizado”, así como á Oficina de Turismo de Noia, que dende o mes de xaneiro impulsa os programas Visita Noia dirixidos a colexios, asociacións e colectivos, “contribuíndo a divulgar o noso patrimonio entre públicos de todas as idades”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.