O Concello de Padrón suspende de emprego e soldo ao traballador condenado por acoso sexual e reactiva o expediente disciplinario

18 Xuño 2026

O Concello de Padrón acordou este martes, 16 de xuño, a suspensión inmediata de emprego e soldo do traballador municipal condenado por acoso sexual a unha empregada doutro departamento, tras recibir oficialmente a sentenza xudicial que acredita os feitos. O alcalde, Anxo Arca, asinou ese mesmo día o decreto que establece esta medida, de aplicación inmediata, e que impediu a reincorporación do traballador ao seu posto.

Dende o Concello lembran que o Tribunal de Instancia de Santiago condenou ao traballador por un delito de acoso e estableceu seis meses de cadea, a prohibición de achegarse a menos de cincuenta metros da vítima, do seu domicilio, lugar de traballo ou calquera outro frecuentado pola mesma, así como a prohibición de comunicarse con ela durante ano e medio. A sentenza inclúe ademais o pagamento dunha indemnización de 6.000 euros por responsabilidade civil e as costas procesais, incluídas as da acusación particular.

O decreto municipal recolle tamén a reactivación do expediente disciplinario incoado con anterioridade e suspendido durante a tramitación xudicial do caso.

“Á vista da gravidade dos feitos considerados probados na sentenza, este procedemento podería concluír coa sanción máxima prevista pola normativa vixente, o despedimento do traballador”, sinalou o Concello nun comunicado, lembrando que “actuamos de forma inmediata unha vez coñecida oficialmente a sentenza e acreditada a culpabilidade do traballador condenado” e que “ata ese momento, e mentres non existía unha resolución firme, a Administración local mantivo un amplo conxunto de medidas preventivas e de protección da vítima propostas pola Comisión Instrutora do Protocolo de Acoso, integrada por catro mulleres traballadoras municipais.”

Estas actuacións tiveron como finalidade garantir a seguridade da traballadora e minimizar calquera situación de risco no ámbito laboral.

O Concello de Padrón reafirma o seu compromiso coa igualdade efectiva entre mulleres e homes, coa prevención de calquera forma de acoso e coa defensa dos dereitos e da liberdade das mulleres. Precisamente pola importancia estratéxica destas ferramentas para garantir unhas políticas públicas eficaces en materia de igualdade e prevención do acoso, a aprobación do IV Plan de Igualdade Municipal e do novo Protocolo de Prevención e Actuación fronte ao Acoso foi unha prioridade para a actual nova Corporación, xa que o Concello levaba anos sen un plan vixente e cun protocolo desactualizado. Ambos documentos foron aprobados por unanimidade aos seis meses da constitución desta Corporación, co apoio de PSOE, PP e BNG.

Ademais, coa aprobación do protocolo, o Concello creou un enderezo de correo electrónico específico para que o persoal municipal poida comunicar e denunciar posibles situacións de acoso, garantindo en todo momento a confidencialidade, a privacidade e a protección das persoas que fagan uso deste recurso.

Fontes do Concello engaden que “ningunha institución está exenta de que poidan producirse condutas deste tipo”, pero entenden “que a resposta debe ser sempre contundente, rigorosa e inmediata, activando todos os mecanismos de protección e actuación previstos pola normativa”.

E engade o Goberno nun comunicado: “O Concello de Padrón lamenta as manifestacións públicas realizadas sobre este caso que cuestionan a actuación municipal e defende que todas as decisións adoptadas responderon exclusivamente á protección da vítima e ao cumprimento das obrigas legais e das competencias que corresponden á Administración local. Neste sentido, subliñamos que a suspensión de emprego e soldo foi acordada o mesmo día en que os servizos xurídicos tiveron coñecemento oficial da sentenza condenatoria e lembramos que, con anterioridade a esta resolución, xa viña aplicando un amplo conxunto de medidas preventivas e de protección da traballadora”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.