O Castelo de Outes protagoniza o peche do Concurso de Relatos cunha xornada cultural no seu entorno

13 Xuño 2026

O Concello de Outes acolleu onte a xornada de clausura do Concurso de Relatos do “Castelo de Outes”, unha iniciativa que combinou literatura, historia e patrimonio nun escenario de gran valor simbólico. A actividade desenvolveuse no entorno desta antiga fortaleza, derrubada polos irmandiños no século XV e da que hoxe se conservan apenas restos da que fora a praza forte da familia Mariño de Lobeira.

O certame naceu co obxectivo de dar a coñecer e divulgar a importancia histórica do castelo, convidando á cidadanía a establecer unha relación persoal co lugar a través da creación literaria. Nesta edición presentáronse arredor de vinte relatos repartidos en distintas categorías.

A organización correu a cargo de ULA – Librería Social, un espazo que se está a consolidar como referente comarcal na dinamización sociocultural e artística. A iniciativa contou coa colaboración de Elixio Vieites Castro, vinculado a proxectos como patrimoniogalego.net e historiadegalicia.gal; Andrés Rodríguez Sobrino, arqueólogo implicado na recuperación da memoria rural; e Antonio Rodríguez García, divulgador patrimonial e creador de Tremuzo, Historia e Patrimonio.

A xornada comezou na praza central da aldea de Outes, desde onde os participantes iniciaron un roteiro ata as ruínas do castelo. Unha vez no lugar, os organizadores ofreceron unha contextualización histórica, salientando o papel clave da fortaleza na configuración do actual concello.

Posteriormente tivo lugar a entrega de premios. Na categoría infantil (6 a 12 anos), a gañadora foi Claudia Mouriño Romarís co relato O Misterio do Castelo, recoñecido cun vale de 25 euros para gastar en ULA – Librería Social. Na categoría de adultos (maiores de 18 anos), o premio recaeu en María Arcos Cebreiro por Lume arcaico no verde das rochas, dotado cun vale de 50 euros.

A xornada destacou polo bo ambiente e polo interese amosado polos asistentes, confirmando o crecente compromiso da comunidade coa posta en valor do patrimonio histórico do Castelo de Outes.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.