Noia inviste 38.000 euros na mellora da contorna da Igrexa do Obre con fondos europeos

16 Xuño 2026

O Concello de Noia iniciou esta semana as obras de mellora da contorna da Igrexa do Obre, cun investimento de 38.000 euros financiado integramente con fondos europeos do Plan de Sostibilidade Turística no Destino (PSTD).

A actuación permitirá completar a primeira fase das sendas peonís da zona e inclúe a execución de novos itinerarios en adoquín, así como a conexión ás redes de saneamento e a mellora do abastecemento de auga.

O alcalde, Fran Pérez, destacou que estes traballos contribúen á recuperación e posta en valor dun enclave de gran relevancia histórica e cultural para o municipio. Pola súa banda, o tenente de alcalde, Manolo Seijas, sinalou que a intervención permitirá mellorar especialmente o lugar do Sinó e os arredores da igrexa, incrementando a accesibilidade e a calidade do espazo.

A obra foi adxudicada á empresa local Tono Floro e enmárcase na estratexia municipal de conservación do patrimonio e modernización das infraestruturas, co obxectivo de crear espazos máis accesibles e atractivos tanto para a veciñanza como para as persoas visitantes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.