Medio Ambiente activa no Porto do Son, Baiona e Viveiro un proxecto piloto de praias inclusivas

17 Xuño 2026

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, asinou este mércores 17 de xuño cadanseu convenio de colaboración cos alcaldes de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña; O Porto do Son, José Luis Oujo, e Viveiro, María Carmen Gueimunde, para a posta en marcha do proxecto piloto de praias inclusivas promovido pola Xunta.

Segundo explicou Ángeles Vázquez, esta iniciativa consiste “na instalación de acubillos climáticos sostibles en praias propostas polos concellos -a da Ladeira, en Baiona; a do Cruceiro, no Porto do Son; e a da Area, en Viveiro- co obxectivo de que sirvan de refuxio ás persoas con problemas de mobilidade en caso de condicións meteorolóxicas adversas, como poden ser vagas de altas temperaturas”.

En concreto, estas estruturas, que estarán instaladas xa o vindeiro mes de xullo, contarán con accesos sen barreiras arquitectónicas, espazos amplos que permiten a mobilidade de persoas usuarias de cadeas de rodas, sinalización táctil e visual adaptada, zonas de descanso sen barreiras e elementos que favorecen a orientación e seguridade.

De feito, a conselleira incidiu en que estes elementos urbanos serán accesíbeis e de doada comprensión e contribuirán ao cumprimento dos requisitos asociados a distintivos de calidade ambiental e de servizos como a Bandeira Azul e a Bandeira Verde, xa que “melloran das condicións de accesibilidade, sostibilidade e confort dos espazos públicos”.

Con esta actuación, que conta cun orzamento de 85.000 euros da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, “avánzase na creación de contornas máis inclusivas e adaptadas ás necesidades da cidadanía, promovendo a igualdade de oportunidades no uso do espazo público”, engadiu Ángeles Vázquez.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.