María José Iglesias, do Porto do Son, 1º premio no XIV Certame de Microrrelatos de Feiraco

23 Xuño 2026

Este martes 23 de xuño celebrouse a entrega de premios do XIV Certame Microrrelatos de Feiraco, unha iniciativa para fomentar o talento literario da nosa importante canteira creativa apostando polos novos formatos. Os relatos poderán lerse na páxina Vive Feiraco.

O concurso veu da man da empresa leiteira e contou co apoio, novamente, da Secretaría Xeral de Lingua. A cita puxo o foco nas mulleres e na literatura con perspectiva feminista.

Na cita participou o secretario xeral de Lingua, Valentín García, que agradeceu a implicación de Feiraco na promoción e divulgación da lingua galega, “pola contribución deste tipo de iniciativa a un maior emprego e prestixio do noso idioma”.

García formou parte do xurado, realizou a entrega dos premios e animou a todos os premiados a seguir escribindo.

Así o puxo en valor na sede da Cooperativa Láctea Unidas, no concello coruñés de Ames, que foi o escenario da entrega destes galardóns, que recoñeceron “a calidade, orixinalidade e talento” de seis traballos que tiñan como obxecto de poñer en relevancia o papel da efeméride das Letras Galegas para unha maior divulgación da creatividade da nosa literatura e no emprego da nosa lingua.

Deste xeito, foron distinguidos os traballos Vai de Mulleres… afincadas na terra, de María José Iglesias Ageitos (de Porto do Son), Onde quedaron as promesa, de Gemma Rojo (de Saviñao), e Galicia Nai, de Jacobo Vieites (de Arzúa), na categoría adulta.

Mentres, na modalidade xuvenil, premiáronse as creacións literarias O destino irrefutable, de Iria García, do centro Sagrado Corazón de Placeres, en Pontevedra, Informe planetario, de Adriana González, do Instituto Rosalía de Castro, en Santiago de Compostela, e Ti es mais forte que todos os desafíos, de Valery Reyes, do centro de ensino Ricardo Mella, en Vigo.

Os premios en ámbalas dúas categorías consistiron en lotes de libros e de produtos Feiraco.

García incidiu en que iniciativas como as de Feiraco “demostran a implicación e compromiso dos sectores económicos na difusión da cultura e linguas galegas” e celebrou que cada vez máis firmas e entidades do eidos socioeconómico de Galicia están “a amosar un maior grao de compromiso co uso do noso idioma ao incorporar o galego dun xeito integral nas súas estratexias”, valorou.

Ademais, Valentín García fixo fincapé no papel destes certames para “incrementar o uso da nosa lingua entre a mocidade”, ao tempo que lles fomenta “non só achegamento e convencemento cara a un maior emprego, senón que propicia afondar no coñecemento do talento das nosas letras, á vez que o descubrimento e a potencialidade do seu propio e da súa creatividade”, concluíu.

A edición deste ano celebrouse en consonancia coa figura homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026: a xornalista e escritora Begoña Caamaño, referente da literatura galega cunha marcada mirada feminista.

Baixo o lema Vai de Mulleres, o concurso convidou as persoas participantes a crear relatos breves de menos de 500 palabras nos que unha ou máis mulleres fosen as protagonistas e cuxa historia transcorrese en Galicia.

Caamaño, recoñecida por reinterpretar os grandes clásicos dende unha mirada de xénero e por facer protagonistas ás mulleres, serviu de inspiración para esta edición.

O acto comezou coa recepción dos medios de comunicación e coa benvida da dirección de CLUN ao xurado e ás persoas gañadoras, antes de continuar coa entrega de premios. A xornada completouse cunha foto grupal co xurado, unha visita guiada ás instalacións e unha pausa para café con produtos de Feiraco.

Con esta nova edición do certame, a empresa leiteira reafírmase no seu compromiso coa promoción da lingua e cultura galegas, ao tempo que contribúe a visibilizar o papel das mulleres na sociedade e, máis especificamente, na literatura.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.