Mar e Amicos estudan iniciar novos proxectos en inclusión social e protección do mar

02 Xuño 2026

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, reuniuse este martes 2 de xuño co director da asociación Amicos, Xoán España, para analizar os proxectos que se están a levar a cabo e estudar posíbeis vías de colaboración en ámbitos de interese común relacionados coa sustentabilidade mariña e a inclusión social.

Deste xeito, na xuntanza abordáronse as oportunidades de cooperación que permite reforzar a participación das entidades sociais en proxectos vinculados ao mar e ao desenvolvemento sostíbel das zonas costeiras.

Suárez lembrou que a Consellería do Mar xa colabora con esta entidade social do Barbanza mediante convenios orientados á inclusión social, o turismo mariñeiro e a recuperación ambiental, e que están a permitir o desenvolvemento de proxectos como Arousa-Lab, Labmar ou Mar de Amicos. A través de Portos de Galicia, tamén se acordou recentemente que persoas desta asociación participen en tarefas de limpeza dos fondos mariños das dársenas galegas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.