Extinguido o lume de Padrón despois de nove días

22 Xuño 2026

O incendio forestal declarado o pasado 12 de xuño na parroquia de Herbón, no concello coruñés de Padrón, quedou definitivamente extinguido nove días despois, tras ser dado por controlado polos servizos de emerxencia pasadas as 20.00 horas deste domingo.

O lume afectou a un total de 373,21 hectáreas de superficie, das que 298,57 correspondían a monte arborado e as 74,64 restantes a monte raso, segundo o balance definitivo facilitado pola Consellería do Medio Rural.

O incendio obrigou a activar de maneira preventiva a situación 2 de alerta pola súa proximidade a núcleos de poboación. Para os labores de extinción mobilizáronse de forma acumulada sete técnicos, 132 axentes, 166 brigadas, 122 motobombas, cinco pas, nove unidades técnicas de apoio, oito helicópteros e sete avións.

Outros artigos

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.