Excarcerada unha persoa tras envorcar co seu coche en Vilagarcía de Arousa e outro en Catoira

05 Xuño 2026

Non houbo máis feridos. O accidente ocorreu uns dez minutos despois das 16:00 horas. Segundo lle indicou un particular ao 112 Galicia, atopárase cun turismo envorcado na avenida Berdón, cunha persoa no seu interior que non era quen de saír.

Con estes datos, desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Vilagarcía de Arousa e aos de Ribadumia, a Emerxencias de Vilagarcía de Arousa, á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local.

A vítima tivo que ser excarcerada para poder saír do coche accidentado. Tras iso, foi atendida polo persoal sanitario desprazado ata o punto.

Turismo envorcado en Catoira
Arredor das 15:30 horas produciuse outro accidente cun turismo envorcado, neste caso na PO-548, no quilómetro 7.

O condutor, único ocupante do vehículo, tivo que ser excarcerado para saír do coche e ser trasladado ata o hospital de referencia.

Neste operativo participaron o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilagarcía de Arousa, o GES de Padrón, a Garda Civil de Tráfico e a Agrupación de Voluntarios de protección Civil de Catoira.

Outros artigos

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.