Este sábado 20 celebrase en Outes a festa de fin de curso das familias

19 Xuño 2026

O sábado 20 de xuño celebrarase na Horta do Muíño (Outes) a Xeira de Fin de Curso das familias do concello.

Haberá diversas actuacións e, quen o desexe, pode traer a comida e reservar sitio para xantar, cubrindo o formulario que atopará na páxina web municipal.

A xornada inclúe diversas actuacións musicais, teatrais e de lecer.

Ás 12.30 horas actuarán Micromina Teatro de Títeres con Raio The Loubican.

Ás 13.30 horas haberá sesión vermú con D’Palique.

Ás 14.00 horas comezará o xantar no campo e logo da comida, de 15.00 a 18.00 horas, será a quenda das actividades para a rapazada, con inchábeis, xogos tradicionais e pintacaras.

A xeira rematará con circo: con Rogelio, un pallaso en recuperación, de ASSircópatas, a partir das 18.30 horas.

Outros artigos

Julián Bustelo e Ana Vidal visitan a rapazada do Concilia Verán 2026

O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, e a concelleira de Xuventude, Ana Vidal, visitaron esta semana aos nenos e nenas participantes no programa Concilia Verán 2026: unha completa axenda de actividades para favorecer no concello a harmonía entre o tempo de lecer da...

+

Este sábado celébrase a Festa de San Benito de Bergondo (Noia)

Este sábado 11 de xullo, a parroquia de Bergondo (Noia) vai celebrar a súa tradicional Festa de San Benito cunha programación pensada para todas as idades: sesión vermú, gastronomía, inchábeis con auga, festa da escuma e moita música ata ben entrada a noite. A festa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.