En Noia abren as inscricións para un novo programa de voluntariado e formación nas entidades inclusivas do concello

03 Xuño 2026

O Concello de Noia pon en marcha a iniciativa Somos Comunidade, un programa no que poderemos coñecer de preto o traballo que realizan diferentes asociacións, colectivos e entidades sociais da vila e a súa contorna, colaborando con elas e descubrindo a importancia da participación comunitaria.

Durante dúas semanas, en horario de 10:00 a 14:00 horas, visitaremos entidades como Cáritas, A Creba, Misela ou Cruz Vermella, acompañado/a por un monitor ou monitora que guiará todas as actividades. Trátase dunha proposta para mozas e mozos de entre 12 e 17 anos que “queiran vivir unha experiencia diferente este verán”, segundo indicou o Concello, engadindo que as quendas dispoñíbeis son as dos dous períodos que van do 1 ao 15 de xullo e do 16 ao 31 de xullo. Trátase dun programa gratuíto con prazas limitadas (terán prioridade os mozos e mozas empadronados/as en Noia).

As inscricións xa se poden levar a cabo a través da Rede e do formulario habilitado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...