Dúas persoas resultaron feridas de gravidade tras ser atropeladas en Santiago

05 Xuño 2026
TVG

Dúas mulleres de nacionalidade portuguesa resultaron feridas de gravidade este venres tras seren atropeladas por un vehículo que invadiu a beirarrúa na rúa Rosalía de Castro, en Santiago de Compostela.

O accidente produciuse arredor das 9:10 horas da mañá, cando un home de 82 anos circulaba en dirección á saída da cidade. Por causas que se investigan, o condutor perdeu o control do coche, desviouse da súa traxectoria e subiu á beirarrúa, onde se atopaban as dúas vítimas, peregrinas portuguesas. Na súa marcha, o vehículo tamén impactou contra un semáforo e contra a fachada dun edificio próximo.

Os servizos de emerxencia desprazáronse rapidamente ata o lugar do sinistro para atender as persoas implicadas. As dúas mulleres recibiron asistencia sanitaria no punto do accidente antes de seren trasladadas en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), onde permanecen ingresadas.

O condutor tamén foi evacuado ao mesmo centro hospitalario tras sufrir un ataque de ansiedade. As autoridades investigan agora as circunstancias do sucedido e non descartan que o home puidese sufrir un esvaecemento momentos antes do accidente.

A Policía Local mantén aberta a investigación para esclarecer as causas exactas do sinistro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.