“Disque chove e mexan por nós” – Antón Luaces

30 Xuño 2026

O líder do PP, Núñez Feijoo, semella estar en contradición permanente consigo mesmo cando tenta analizar calquera circunstancia que teña que ver coas súas posibilidades de acceder á presidencia do Goberno español.

Desde aquel comentadísimo “non son presidente do Goberno porque non quero” á actual sementeira de dúbidas sobre a posibilidade de que o Goberno socialista que preside Pedro Sánchez teña a intención de aplicar a coñecida como “lei de netos” co obxectivo de incrementar o censo electoral do ano 2027, vai unha chea de análises e propostas que, polo de agora, se sustancian nunha proposición do propio PP no senso de outorgar unha especie de “plus” de deputados á lista que acade a maioría de votos nunhas eleccións, o que podería obviar a necesidade de pactos de goberno ou dependencias que reproduzan a actual situación.

Propón xa que logo Núñez Feijoo, unha reforma da lei electoral que, en 2027, cando se proxectan as próximas eleccións xerais, non  se repitan a actuais experiencias dun goberno minoritario, o que fai cavilar que non ten moi seguro acadar a maioría, ou ben que fai cálculos en torno á posjbilidade de deixar a VOX na cuneta e gobernar en solitario dado o número de escanos que podería ter no Congreso dos Deputados, máis os engadidos. 

Que os fillos e netos de migrantes españois sexan herdeiros da nacionalidade española e os dereitos  que implica, só é posíbel se o descendente obtén a nacionalidade española de orixe, feito que lle outorga os mesmo dereitos civís, políticos e laborais que calquera outra persoa nada en España.

A chamada Lei de Netos ou Lei de Memoria Democrática, é unha normativa que permaneceu vixente ata outubro de 2025. Permitiu que fillos e netos de exiliados ou españois que migraron obter a nacionalidade española de xeito directo.

Os fillos e netos de españois de orixe que non puideron acceder á nacionalidade poden optar por solicitar un permiso de residencia e traballo legal por arraigo familiar. Após residir legalmente durante dous anos, pode solicitar a nacionalidade por residencia. 

Máis nunca poderían participar nas eleccións de 2027.  

Outros artigos

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ónega” – Xulio Xiz

“Ónega” – Xulio Xiz

Ónega e máis eu eramos do 47. En Pol como en Vilalba o párroco emitía os certificados de boa conduta espiritual, e o alcalde e xefe local do Movimento de Afección ao Réxime, e sen eles non eras ninguén. O único local que os rapaces tiñamos para o lecer era o do Frente...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.