Comeza a conta atrás para a Festa do Sancosmeiro, este sábado en Noia

25 Xuño 2026

A Asociación Pon un Sancosmeiro vai organizar en Noia, este sábado 27 de xuño e en estreita colaboración co Concello, a Festa do Sancosmeiro. Para poñer en situación a veciños e visitantes, a entidade e máis o Concello compartiron nas redes sociais o programa da xornada, unha máis que completa axenda que inclúe actividades musicais (ruadas, concertos, concertiños) para nenos e maiores, amais dunha Feira Galega de Artesáns que poderemos visitar durante todo o día nos Xardíns Felipe de Castro e que estará integrada por uns 15 postos de artesanía. Tamén haberá mostras e obradoiros, degustacións e exaltacións gastronómicas, un xantar popular postos de venda e actividades vespertinas para a rapazada (foliada libre, xogos sancosmeiros, obradoiros e unha actuación de Cé Orquestra Pantasma). Pola noite, Canto Sancosmeiro, sorteos e un concerto a cargo de Os Tres Pesos (a partir das 22h).

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.