Comeza a conta atrás para a Andaina Solidaria “Boiro en marcha contra o cancro”

15 Xuño 2026

Este domingo 21 de xuño toca poñerse as botas de camiñar para participar na Andaina Solidaria Boiro en marcha contra o cancro. A saída será ás 11.00 horas dende a praza de Galicia (fronte ao Concello) e o prezo de 8 euros para adultos e de 5 para nenas e nenos ata 12 anos. As inscricións están abertas a través da web Rochthesport.com ou presencialmente (consultar o cartel). Ademais, quen non poida asistir pode colaborar co dorsal solidario dispoñíbel en liña.

O Concello de Boiro colabora cunha nova edición da Andaina Solidaria Boiro, en marcha contra o cancro que organiza a Asociación Española contra o Cancro (AECC) de Boiro.

A andaina terá un percorrido circular de 5 quilómetros nos que se percorrerá o paseo do río Breiro, o paseo marítimo de Barraña, o esteiro do río Coroño e regreso á praza de Galicia.

As inscricións tamén poden facerse na farmacia ortopedia Ana Torrente, na galería Sargadelos, en Modas Naty ou na mesa que a Asociación ten na rúa peonil os sábados.

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, agradeceu o traballo “tan importante que realizar a Asociación Española contra o Cancro en Boiro” e convidou á veciñanza “a participar nesta cita solidaria”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.