Boiro será escenario durante dúas fins de semana do XVII Torneo de Fútbol Base Abanqueiro SD – Trofeo Concello de Boiro

03 Xuño 2026

O Concello de Boiro colabora coa Escola de Fútbol Municipal (EFM na organización do XVII torneo de fútbol base Abanqueiro SD – Trofeo Concello de Boiro que se celebra os días 6, 7, 13 e 14 en Vista Alegre. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou na presentación xunto con Julio García, da EFM, e Eusebio Gómez, membro da organización.

O sábado 6 terá lugar pola mañá a final de alevín feminino, que será primeira vez que se celebra; e pola tarde a final de biberón. O domingo 7 terá lugar a final prebenxamin; o sábado 13 a final benxamin; e o sábado 14 a final de alevíns. “Participan nesta edición do torneo 120 equipos, o que vai supoñer o paso polas instalacións de entre 4 e 5 mil persoas durante as dúas fins de semana”, afirmou Eusebio Gómez.

Por parte da EFM agradeceron ás entidades colaboradoras que fan posíbel que este torneo se siga a celebrar e medre cada ano. O concelleiro de deportes Marcos Fajardo, deulle os parabéns á organización porque “Boiro é un referente a nivel deportivo gracias á implicación dos clubs e as entidades que, de forma altruísta, organizan eventos como este que redundan nun beneficio para o noso pobo”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.