Barbanza, protagonista este xoves 25 da XI Travesía O Camiño a Vela

25 Xuño 2026


A XI Travesía O Camiño a Vela viviu este mércores 24 de xuño unha xornada de descanso en Muros antes de renovar este xoves 25 a súa navegación cara a Barbanza, con escala na Pobra do Caramiñal.

Tras percorrer a Costa da Morte, con escalas como Muxía e Muros, os peregrinos do mar afrontan a partir deste xoves o treito final de navegación por mar da Travesía, que os levará desde Barbanza ata Vilagarcía de Arousa.

A chegada da flotilla á Pobra do Caramiñal reflicte o que Barbanza representa como territorio estreitamente vinculado ao mar, á cultura portuaria e ao Camiño de Santiago. Segundo informan dende a organización desta experiencia xacobea e marítima, “a situación do Barbanza na ría de Arousa converte esta escala nun punto especialmente significativo dentro do Camiño a Vela, ao aproximar aos peregrinos ao itinerario marítimo-fluvial que evoca a chegada do corpo do Apóstolo a Galicia”.

Na Pobra, os participantes gozarán dunha actividade mariñeira pensada para achegarlles á identidade local e ao vínculo da comarca co mar. A continuación, terá lugar unha recepción e a selaxe de credenciais.

A escala na nosa comarca será, ademais, a antesala da última etapa de navegación por mar desta XI Travesía, que o venres poñerá rumbo a Vilagarcía de Arousa.

O venres 26 de xuño, O Camiño a Vela afrontará a súa última etapa de navegación por mar con rumbo a Vilagarcía de Arousa. Ás 13.00 horas, está previsto un encontro con medios de comunicación nas escaleiras do porto deportivo, coa presenza de responsables a Mancomunidade do Salnés e o Concello de Vilagarcía de Arousa. Pola tarde, ao redor das 15.30 horas, os peregrinos participarán na Traslatio en catamarán, remontando o río Ulla. A continuación, realizarán a camiñada desde Pontecesures ata Padrón, onde está previsto a selaxe de credenciais na igrexa de Padrón. De regreso a Vilagarcía, celebrarán a cea e festa de peche da Travesía.

Último tramo a pé ata Santiago

O percorrido culminará o sábado 27 de xuño coa camiñada Padrón–Santiago, último tramo a pé desta peregrinación marítima. Os peregrinos do mar chegarán á praza do Obradoiro, onde finalizará esta XI Travesía e renderán culto ao Apóstolo.

Profesións Azuis: o mar como camiño de futuro

Nesta edición, O Camiño a Vela navega co lema das Profesións Azuis, unha mensaxe que cobra especial sentido en Galicia e, de forma moi especial, en territorios como Barbanza e O Salnés, onde o mar forma parte da vida económica, social e cultural.

Coa aplicación BluePath a bordo, a Travesía achega a mocidade, familias e comunidades locais as oportunidades de formación e emprego vinculadas á Economía Azul: navegación, pesca, actividade portuaria, turismo azul, ciencia mariña, tecnoloxía, sustentabilidade e innovación.

O Camiño a Vela conta, entre outros, co apoio da Axencia Turismo de Galicia e a colaboración de entidades comprometidas co desenvolvemento sostible da Economía Azul. Repsol participa como patrocinador principal da edición 2026, xunto con Touron/Mercury, B&G, Aqualia e o IME como patrocinadores.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.