Arousa-Lab (Amicos) prepara novas accións para pór en valor a nosa cultura mariñeira

19 Xuño 2026

Aguiño foi o lugar escollido para acoller este xoves 18 de xuño unha nova reunión do Comité Social da rexión asociada Arousa-Lab, unha iniciativa nacida no marco do proxecto europeo Atlantic-Arctic Agora (A-AAGORA) para promover a colaboración entre os distintos actores vinculados ao mar e ao territorio. Na xuntanza participaron a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ma Ángeles Vázquez, os patróns maiores das confrarías de Carreira-Aguiño, Ribeira e A Illa de Arousa, así como representantes de OPMEGA e entidades vinculadas ao sector marítimo-pesqueiro e á conservación ambiental. Tamén asistiu o director xeral da asociación inclusiva da nosa comarca Amicos, Xoán España.

Durante a reunión realizouse un balance das accións desenvolvidas nos últimos meses e presentouse un novo caderniño de actividades dirixido á comunidade escolar. Un material didáctico que busca achegar aos máis novos á biodiversidade da ría, ás artes de pesca tradicionais e ao importante papel que desempeña a xente do mar na conservación e aproveitamento sostíbel dos recursos mariños.

Na xornada tamén participaron o director de Sostibilidade de Profand, Antonio Álvarez; o seu director de RR.HH, Alexandre Pérez; o director térnico de Octolarvae, Álvaro Roura, e o técnico David Costas. Eles encargáronse de explicar a labor que se está a desenvolver por parte de Octolarvae en materia de estudo e restauración de especies mariñas como o chopo ou o polbo. A continuación, os asistentes participaron nunha visita ás accións de restauración de fondos mariños que se están desenvolvendo nas augas do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas. Durante a actividade puideron coñecer de preto o traballo de recuperación de especies como as gorgonias, as algas laminarias (carrumeiras) ou a zostera, así como a súa importancia para a biodiversidade mariña e para a actividade pesqueira e marisqueira da ría.

Durante a mañá, o director xeral de Amicos destacou que “o máis importante de Arousa-Lab é o compromiso que continúan demostrando todas as entidades participantes. Administracións, confrarías, centros de investigación, organizacións do sector e entidades sociais estamos a traballar xuntos co obxectivo de poñer en valor a cultura mariñeira, apoiar á xente do mar e contribuír ao coidado do noso patrimonio natural”.

España engadiu que “a colaboración entre actores tan diversos é o que permite que xurdan iniciativas con impacto real no territorio. Arousa-Lab é un exemplo de como o diálogo, a cooperación e a implicación colectiva poden converterse nun motor para afrontar os retos ambientais e sociais da ría e construír oportunidades para o futuro”.

Pola súa banda, a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro destacou o labor de iniciativas como Arousa-Lab: “Coidar do noso mar é garantir o futuro do noso sector marítimo pesqueiro. Non habería futuro sen non coidamos eses fondos, se non coidamos esa biodiversidade con accións como a que vamos realizar hoxe coa solta de laminarias, que son fundamentais para coidar os nosos fondos ao ser o berce de moitas das nosas especies. Quero agradecer a oportunidade de participar xunto ao noso sector”. Unhas palabras coas que coincidiu José Antonio Santamaría, patrón maior da Confraría de Carreira-Aguiño.

Unha iniciativa vinculada ao territorio e á súa xente

Arousa-lab, busca poñer en valor o traballo e a cultura mariñeira da zona, e afondar na labor que desenvolven os distintos actores da rexión mediante o reforzo positivo das súas boas prácticas. Tamén se contemplan distintas accións de restauración do fondo mariño, así como o estudo das solucións baseadas na natureza que poden aplicarse para adaptarse ao cambio climático. Naceu como rexión asociada do proxecto europeo A-AAGORA, financiado por Horizonte Europa, e impulsada pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro e a asociación Amicos. Tralo que continúa coa participación das entidades que comezaron a aventura para seguir fomentando a sensibilización, o coñecemento e a posta en marcha de iniciativas que poñan en valor o traballo que se realiza por parte da xente do mar.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.