A Xunta solta cinco píllaras na praia de Carnota

17 Xuño 2026

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañada pola directora territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, Mª Pilar Arias, participou este mércores 17 de xuño nunha nova solta de cinco píllaras na praia de Carnota, unha actuación que nas súas palabras “contribúe aos avances acadados por Galicia na protección e recuperación desta ave característica dos areais do litoral galego”.

A delegada da Xunta destacou “os bos resultados que está a dar a recuperación da píllara das dunas nesta zona, un núcleo de recente colonización da especie desde 2024, pero no que as parellas reprodutoras están a acadar importantes éxitos de cría”.

Tamén salientou que “nestes momentos xa existen varias familias de píllaras medrando nos areais da provincia da Coruña”, polo que considerou “fundamental” a colaboración e a concienciación das persoas usuarias das praias para compatibilizar o desfrute destes espazos coa preservación da biodiversidade.

Indicou que na segunda metade do período reprodutivo neste momento están monitorizados 100 niños distribuídos en 23 praias e o 85% deles foron xa protexidos con perímetros e/ou gaiolas de grandes dimensións para evitar a súa depredación ou destrución.

Así mesmo, informou de que nesta campaña xa foi necesario trasladar 11 niños ameazados polas mareas vivas aos centros especializados de Oleiros e Cotobade para garantir a viabilidade dos ovos e aumentar as posibilidades de éxito reprodutivo.

A delegada lembrou que “desde o inicio deste programa lograron voar un total de 187 pitos, incluídos os cinco exemplares liberados hoxe”.

Unha parte importante destas aves incorpórase cada ano á poboación nidificante galega, contribuíndo á recuperación da especie, engadiu, apuntando que con “isto conseguimos que a produtividade das parellas pasase de 0,8 a 1,2 pitos voados por parella (taxa que se atopa próxima ao obxectivo de 1,5 fixado no plan de conservación da especie como necesaria para asegurar a viabilidade da poboación galega)”.

Ademais, indicou que varios exemplares procedentes deste programa foron localizados durante o período invernal en diferentes localidades de Portugal, Francia, Alemaña e os Países Baixos, “o que evidencia a súa capacidade de adaptación e desprazamento”. Incluso dous exemplares liberados en 2021 e 2023 estableceron finalmente os seus territorios de reprodución en praias de Francia e dos Países Baixos.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.