A Xunta pon en funcionamento este 1 de xullo a nova ambulancia medicalizada para O Barbanza

28 Xuño 2026

O vindeiro día 1 de xullo a Xunta porá en funcionamento a nova ambulancia medicalizada para Barbanza, que terá a súa base no concello de Ribeira.

Con esta medida, o Goberno galego quere dar cumprimento ao compromiso adquirido coa cidadanía de poñer en marcha este novo dispositivo asistencial na comarca, mellorando así a atención ás urxencias tempo-dependentes.

Máis concretamente, a nova ambulancia permitirá mellorar a asistencia a máis de 75.000 veciños e veciñas dos concellos de Rianxo, Boiro, Ribeira, O Porto do Son e A Pobra do Caramiñal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.