“A velas vir” – Xulio Xiz

30 Xuño 2026

Curros tivo acertos xeniais, pero pecou de excesivo optimismo ao considerar ao ferrocarril como o Cristo dos tempos modernos cando chegou a Ourense a primeira locomotora. 

Nas terras de Lugo, as vías polas que circula o tren partiron pola metade vilas como Parga ou Rábade, e non o fixeron coa capital  porque a erección da cidade en lugar prominente impediu que as vías arrasaran coa vida urbana. Lugo, que abriu porta na muralla para que por ela entrase ese progreso, do entusiasmo inicial pasou ao esquecemento, e o tren foi superado a toda velocidade pola febre automobilística na que entramos en canto o permitiu a economía, que non sabe de estacións e de horarios.

Durante o último medio século, Lugo estivo arredado do tren porque o tren arredaba a Lugo, e mentres as altas velocidades, os trens de proximidade e os suburbanos triunfaban como modernos cristos, a esquecida, desde o alto, miraba de esguello o esmorecemento ferrocarrrilano e potenciaba solucións alternativas para conectarnos co mundo.

No camiño reservado para o ferrocarril andan a traballar intensamente na intermodal descoñecida que resuma e xunte os sistemas de conexión… E desde o alto da cidade miramos curiosos  eses singulares esforzos, que nos parecen chegar tarde, dun sistema que nos ten acostumados á desesperanza e que  menosprezamos por coidar que nos esquece.

Mentres nalgúns lugares as vellas vías do tren dan paso a camiños abertos ao lecer e á natureza. a nós prométennos modernidades que agardamos co excepticismo do que sabe que os esforzos e os adiantos van por outras vías.

En Lugo o tren tennos acostumados ao velas vir do progreso alleo, ás velocidades que corren lonxe, e ao chegar con retraso de algo que xa non agardas.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.