A sexta edición da Carreira 5K El Canario desenvolverase no 28 de xuño

15 Xuño 2026

Ribeira correrá coa sexta edición da Carreira 5K El Canario, homenaxe a José Nespereira, que promove esta escola de boxeo coa colaboración do Concello. Esta cita deportiva será domingo, 28 de xuño, a partir das 10.00 horas, coa praza do Concello como punto de partida e meta. Reunirá as modalidades absoluta, zapatilla inclusiva, carreiras por parellas e categorías menores, que deberán completar a distancia que lles corresponde, sendo a absoluta de 5 quilómetros. O percorrido é urbano, polo que discorrerá a carón do mar ata a zona das Carolinas para subir pola rúa Lepanto, Miguel Rodríguez Bautista, Avesadas e baixar pola rúa Rosalía de Castro.

O concelleiro de Deportes, Álex Vidal, reafirmou o compromiso da Administración local con esta proba que fomenta o deporte e que reunirá a corredores veteranos e principiantes. Neste senso, puxo en valor que este tipo de eventos rendan tamén homenaxe a deportistas das distintas disciplinas como sucede con José Nespereira no atletismo.

En representación da Escola de Boxeo El Canario, Clara Millares, avanzou que haberá trofeos e tamén premios en metálico para os tres primeiros postos da absoluta, ademais de sorteos entre os participantes de produtos doados por empresas colaboradoras. As inscricións poden formalizarse ata o 25 de xuño a través da páxina web www.carreirasgalegas.com. O importe de aboar será de 6 euros, agás para as categorías menores que será de balde.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.