A oitava Travesía a Nado Illa de Rúa celebrarase no 28 de xuño

26 Xuño 2026

A solidariedade volve a Ribeira baixo o formato de deporte coa oitava Travesía a Nado Illa de Rúa, que recadará fondos a favor da Asociación Española Contra o Cancro. Esta proba celebrarase en augas de Ribeira o domingo, 28 de xuño, con saída ás 11.30 horas dende a dita illa, previo traslado dos participantes en catamarán, para completar a distancia de 4.500 metros ata o Club Náutico de Ribeira.

No acto de presentación participaron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal; o presidente do Náutico de Ribeira, José Luis Torres; a presidenta da xunta local da AECC, María José Carreira; a vicepresidenta, Ramona Paz; a secretaria, María Jesús Paz, quen asumirá agora a presidencia; e o director técnico da proba e presidente da Federación Galega de Natación, Juan Manuel Brión.

Trátase da oitava edición dun evento en augas abertas que recoñecerá o traballo dos cociñeiros solidarios locais Agustín Cadillo e Juan Antonio Ayaso.

O edil destacou o traballo que fan dende a xunta local para informar e sensibilizar á cidadanía sobre esta enfermidade e seguir dando pasos cara adiante na investigación e prevención. En consecuencia, salientou o dinamismo desta entidade que, unha vez máis, para recadar fondos organiza un evento deportivo que, nesta ocasión, desenvolverase por mar.

A totalidade das 150 prazas xa están cubertas (108 homes e 42 mulleres) e, para garantir o correcto desenvolvemento da proba, contarase cun amplo dispositivo de seguridade.

Farase entrega de trofeos aos tres primeiros postos masculino e feminino, ademais de distincións especiais para o participante máis mozo e veterano e para quen bata o récord actual da proba: 47 minutos no masculino e 48 no feminino.

Esta foi a última rolda de prensa da actual presidenta da xunta local da AECC, María José Carreira, quen leva 28 anos involucrada na entidade. O testemuño pasa a ser asumido pola actual secretaria, María Jesús Paz.

Carreira manifestou que “voume feliz e queda un traballo e un legado marabilloso que seguirá o equipo liderado por Susi”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.