A Deputación pon en marcha o ciclo “As tolas que non o eran” que impartirá Carmen V. Valiña e que recalará en Padrón e Boiro

25 Xuño 2026

A Deputación da Coruña pon en marcha mañá, venres 26 de xuño, un ciclo de obradoiros centrado na recuperación da memoria das mulleres internas en Conxo e a análise do uso da psiquiatría como ferramenta de control da disidencia feminina. A iniciativa, que percorrerá varios municipios da provincia, estará impartida pola investigadora e escritora Carmen C. Valiña, autora do libro As tolas que non o eran.

A primeira sesión será este venres 26 de xuño ás 17.00 horas no CPI San Vicente, no municipio da Baña. A través destes encontros, promóvese a reflexión sobre a memoria das mulleres e a visibilización de historias que permaneceron durante anos ocultas.

O ciclo toma como punto de referencia o traballo de investigación recollido en As tolas que non o eran, obra creada nas Residencias Artísticas Mariñán de pensamento no 2024 e galardoada co Premio Losada Diéguez de investigación e . O libro recupera as experiencias das mulleres internadas no manicomio de Conxo entre 1885 e 1936, moitas delas aldeás, pobres, analfabetas ou consideradas rebeldes.

A través das páxinas, a autora reconstrúe as vidas de mulleres que foron afastadas da sociedade e cuxas historias permiten reflexionar sobre os mecanismos de control exercidos na sociedade.

Calendario do ciclo

Tras a primeira sesión na Baña, o programa continuará nas seguintes localidades:

15 de xullo, 17 horas, albergue O Abeiro, concello de Mañón

17 de xullo, 17 horas, Casa da Irmandade, concello de Sobrado

8 de setembro, 18 horas, Centro Social, concello de Coirós

5 de novembro, 18 horas, Casa Rosalía, concello de Padrón

12 de novembro, 16.30 horas, Centro S. Abanqueiro, concello de Boiro

A través desta iniciativa, a Deputación reafirma o seu compromiso coa divulgación histórica, a igualdade e a recuperación da memoria das mulleres.

Outros artigos

Ribeira prepárase para unha nova edición do IV Ciclo da USC

O Concello de Ribeira mantén aberto o prazo de matrícula da IV Ciclo da USC ata o 24 de xullo; unha acción formativa dirixida a alumnado maior de 50 anos, tal e como indicou a concelleira de Educación, Nucha Brión. Segundo manifesta a edil, "nunca é tarde para seguir...

+

Este domingo 12 celébrase a XII Carreira pola Diversidade de Ambar

Este domingo 12 de xullo, terá lugar a celebración da Carreira pola Diversidade dende as 10h na explanada de Coroso (Ribeira), tras o aprazamento da data inicial no mes de maio. A gran novidade desta edición é o enfoque cara a unha "experiencia transformadora". Ambar...

+

Julián Bustelo e Ana Vidal visitan a rapazada do Concilia Verán 2026

O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, e a concelleira de Xuventude, Ana Vidal, visitaron esta semana aos nenos e nenas participantes no programa Concilia Verán 2026: unha completa axenda de actividades para favorecer no concello a harmonía entre o tempo de lecer da...

+

Este sábado celébrase a Festa de San Benito de Bergondo (Noia)

Este sábado 11 de xullo, a parroquia de Bergondo (Noia) vai celebrar a súa tradicional Festa de San Benito cunha programación pensada para todas as idades: sesión vermú, gastronomía, inchábeis con auga, festa da escuma e moita música ata ben entrada a noite. A festa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.