A Deputación da Coruña recibe en Madrid o Premio Gourmet Turismo Gastronómico

05 Xuño 2026

O vicepresidente da Deputación da Coruña e deputado de Turismo e Promoción Económica, Xosé Regueira, recolleu este xoves 4 de xuño en Madrid o Premio Gourmet Turismo Gastronómico. O recoñecemento á institución provincial tivo lugar nos II Premios Planes Gourmet, organizados polo programa de televisión especializado en gastronomía, industria alimentaria e turismo producido por Mediaset España. A entrega do galardón celebrouse no Círculo de Belas Artes de Madrid, no marco dunha gala destinada a distinguir iniciativas e entidades destacadas nestes ámbitos.

Regueira destacou que o premio “é un recoñecemento colectivo a todas as persoas que, desde o sector agroalimentario e gastronómico, contribúen cada día a construír unha provincia máis competitiva, máis atractiva e con maior capacidade para xerar riqueza”.

O vicepresidente afirmou que “a gastronomía é moito máis que un produto: é paisaxe, cultura, identidade e tamén unha oportunidade para desenvolver un turismo de calidade que deixa valor no territorio”, e considerou que o galardón avala a aposta da Deputación por un modelo baseado “na excelencia, na autenticidade e na sostibilidade, que son os elementos que fan da provincia da Coruña un destino singular e diferenciado”

A organización do premio corresponde a Planes Gourmet, un espazo de televisión centrado no sector gastronómico, na industria alimentaria e no turismo, producido por Mediaset España.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.