“A CEOE non está conforme coa negativa dos traballadores a facer horas extras non pagadas” – Antón Luaces

21 Xuño 2026

Con Franco era máis doado facer horas extras de traballo non  pagadas. Hoxe en día, traballadores e sindicatos rexeitan absolutamente o sistema, pero a patronal tenta retornar a aquela experiencia, se temos en conta a denuncia da CEOE a resultas do “alto absentismo laboral durante as horas extras non pagadas”. 

O presidente dos empresarios, Antonio Garamendi, asistiu á asemblea xeral da CEOE, celebrada esta semana en Madrid e, posiblemente a falta doutros argumentos, arremeteu contra a incapacidade do Goberno para recoñecer o grave problema de “absentismo laboral” que padecen as empresas españolas durante as horas extras non pagadas. “Por suposto non é

xeneralizado, moitísimos traballadores están no seu posto de traballo cando se lles pide facer un pouquiño máis do que lles corresponde e quedan  unha hora, dúas, tres… as que fagan falta. Pero hai outros que deciden marchar unicamente porque non se lles están contando esas horas e de feito son ilegais”, laiouse Garamendi.   

Denuncia o líder da patronal que naquelas franxas da xornada laboral que non pertencen  a esta e que non se rexistran, que non se pagan e que de feito nen sequera se comunjca ao traballador que se agarda del que as cumpra, o absentismo do plantel é total.

 A queixa do señor Garamendi, sendo moi lamentable e practicamente inxustificada ten que ver, como o mesmo presidente da CEOE recoñece, coa comisión dunha ilegalidade manifesta que, directa ou indirectamente o propio Garamendi promove. 

Os traballadores españois levan moitos anos opoñéndose a ese sistema ilegal de facer horas extraordinarias nos seus postos de traballo sen que exista previamente un acordo para que ambas as partes establezan as condicións do pacto que sempre deberá ter a compensación económica que corresponde. 

Outros artigos

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ónega” – Xulio Xiz

“Ónega” – Xulio Xiz

Ónega e máis eu eramos do 47. En Pol como en Vilalba o párroco emitía os certificados de boa conduta espiritual, e o alcalde e xefe local do Movimento de Afección ao Réxime, e sen eles non eras ninguén. O único local que os rapaces tiñamos para o lecer era o do Frente...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.