Unha nena de dous anos falece en Brión tras quedar esquecida no coche do seu pai

21 Maio 2026

Unha nena de dous anos faleceu en Brión despois de permanecer varias horas no interior do vehículo do seu pai, que a esqueceu ao ir traballar sen deixala na gardería.

Os feitos ocorreron na estrada que une Bertamiráns con Noia, no lugar de Algueidón, na parroquia dos Ánxeles. Ata a zona desprazáronse axentes da Policía Xudicial da Garda Civil, que investigan o sucedido.

A cativa chegou ao Punto de Atención Continuada de Bertamiráns en parada cardiorrespiratoria.

Faltaban uns minutos para as cinco da tarde cando o 112 Galicia recolleu un aviso de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 por unha menor en parada que finalmente resultou falecida.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitouse a intervención dos axentes da Garda Civil.  

Tamén foron avisados os membros do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) co fin de ofrecer á familia atención especializada.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.