Unha investigación pioneira liderada pola UDC documenta case 1.500 bens do litoral galego

22 Maio 2026

Un grupo da UDC, liderado polo profesor e arquitecto Óscar Fuertes Dopico, vén de rematar unha investigación pioneira sobre os bens do litoral galego. O traballo, desenvolvido durante varios anos permitiu, elaborar por primeira vez un censo integral do patrimonio marítimo inmóbel galego.

A investigación, enmarcada no Plan da Cultura Marítima de Galicia (PCUMA) impulsado pola Xunta de Galicia, responde segundo a UDC “á necesidade, detectada durante un diagnóstico previo realizado en 2021, de contar cun inventario rigoroso, sistemático e unificado dun patrimonio clave para comprender a identidade e a evolución histórica do litoral galego”.

Grazas ao labor do equipo da Universidade da Coruña en colaboración coa Consellería do Mar púidose documentar e analizar un total de 1.452 bens patrimoniais distribuídos ao longo de toda a costa galega, incluíndo infraestruturas marítimas, industriais e etnolóxicas como estaleiros, faros, conserveiras, peiraos ou carpintarías de ribeira. A metodoloxía utilizada estruturouse en varias fases, combinando a análise documental, o traballo de campo intensivo (con máis de 24.000 quilómetros percorridos) e os estudos tipolóxicos que permitiron definir 83 categorías patrimoniais.

Este enfoque, sinalou a UDC, “permitiu ir máis alá da simple catalogación, incorporando tamén a análise das relacións territoriais, culturais e produtivas asociadas ao mar, clave para comprender a chamada cadea mar-industria e o seu papel na configuración das comunidades litorais galegas”.

As Áreas Nai: unha nova mirada ao territorio

Como parte desta investigación, o grupo da UDC desenvolveu tamén o concepto de Áreas Nai (Espazos de Interese Cultural Marítimo), que identifican enclaves onde se conserva de maneira especialmente significativa a relación entre o mar, o territorio e as comunidades locais.

Estas áreas integran de forma coherente elementos patrimoniais, paisaxísticos e produtivos, configurando paisaxes culturais que reflicten a identidade marítima de Galicia e aportan unha nova ferramenta para a súa protección e difusión.

Ferramentas abertas para a cidadanía e a investigación

Entre os resultados do proxecto destaca a creación dun visor web interactivo que permitirá acceder á información xeorreferenciada do Censo e das Áreas Nai, así como participar activamente na súa ampliación mediante achegas cidadás.

Ademais, a investigación materialízase nunha colección de 14 volumes que recollen de forma sistemática as fichas dos bens inventariados, configurando un dos traballos de documentación patrimonial máis completos realizados ata o momento sobre cultura marítima.

Un avance na valorización do patrimonio marítimo

Con esta iniciativa, a Universidade da Coruña consolida o seu “papel como axente clave na investigación e valorización do patrimonio cultural galego, contribuíndo a reforzar a conexión entre coñecemento científico, territorio e sociedade”, explicaron fontes da UDC, engadindo que a investigación liderada polo grupo da Universidade da Coruña supón “un paso decisivo na protección, difusión e posta en valor dun patrimonio que forma parte esencial da identidade de Galicia e do seu tecido produtivo ligado ao mar”.

Quen precise máis información sobre o censo do patrimonio marítimo non material tena na web da Xunta habilitada, culturamaritima.xunta.gal.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.