“Unha frase para reflexionar: o que poda facer, que faga” – Antón Luaces

27 Maio 2026

De cara a unha moción de censura que reclaman socialistas da talla de Felipe González e García-Page, Vox e unha parte do PP, a frase pronunciada por José María Aznar o 2 de novembro de 2023 (“O que poda facer, que faga”) recupera estes días un valor que a oposición a Pedro Sánchez (e por derivación a Rodriguez Zapatero) emprega para fustrigar ao expresidente Zapatero pola súa presunta participación no rescate económico (53 millóns de euros) da empresa aérea “Plus Ultra”, afectada -coma outras aeroliñas asimesmo rescatadas- pola pandemia de coronavirus que tantas mortes provocou en España e boa parte de Europa. Zapatero está investigado polo xuíz da Audiencia Nacional, José Luis Calama, pola súa presunta intervención nunha trama organizada de tráfico de influencias, cuxo sumario está composto por oito tomos de preto de 4.000 páxinas. O xuíz Calama aceptou este martes retrasar a declaración do expresidente aos días 17 e 18 de xuño, como o propio Zapatero solicitara co obxecto de estudar ben a causa que se sigue contra del.

Zapatero ten negado calquera irregularidade (está acusado de organización criminal, tráfico de influencias e falsidade documental) no marco desta causa que deriva na imputación do expresidente e que induce a investigar ás dúas fillas deste e ao empresario venezolano Danilo Diazgranados Mangalo e ao comisario Gómez Martín.

O Ministerio Público, a instancias dunha orde europea de investigación da Fiscalía de Delictos Financeiros de Francia e dunha Comisión Rogatoria da Fiscalía de Suíza, comunicaron que o rescate da compañía aérea “Plus Ultra” puido ser utilizado para lavar diñeiro de Venezuela.

Con esta información téntase investigar se o rescate de Plus Ultra puido ser utilizado para o devandito “branqueo”. As dilixencias de entrada e rexistro levadas a cabo a instancias da Fiscalía apuntan tamén á posibilidade de que altos executivos dunha petroleira española foran “influenciados” por Zapatero.

Esta formulación fai cavilar na presunta conexión de todas as actuacións -iniciadas xa vai un ano- co dito por Aznar en novembro de 2023 no senso de que “o que poda facer, que faga”, entendida a frase coma unha consigna para acadar a caída do Goberno presidido desde vai oito anos por Pedro Sánchez.

Outros artigos

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

+

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

+

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.