Un accidente múltiple con seis vehículos provoca o corte da CG-1.5 en Rois

25 Maio 2026

Un accidente no que se viron implicados cinco vehículos provocou importantes retencións este serán na CG-1.5, ao seu paso polo municipio de Rois. O sinistro ocorreu entre os quilómetros 17 e 18, na zona de Urdilde, e obrigou a cortar a vía en ambos sentidos en dirección Noia.

O 112 Galicia recibiu a primeira chamada arredor das 18:30 horas. Nese momento, un particular informaba dunha colisión entre dous vehículos, aínda que, poucos minutos despois, novas comunicacións confirmaban que finalmente eran cinco os turismos implicados.

Desde a sala de operacións do 112 Galicia informáronse a efectivos do GES de Brión, dos Bombeiros de Boiro, da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil.

Ademais, nun dos vehículos viaxaba un bebé que, por precaución, foi atendido polo persoal sanitario, motivo polo que tamén se solicitou a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Outros artigos

Este xoves 11 teremos ceos con nubes altas e unha suba das temperaturas

Galicia vivirá este xoves 11, San Bernabé, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica, coa influencia anticiclónica e a entrada dunha masa de aire cálido procedente de latitudes inferiores. Agárdanse ceos con nubes altas, aínda que estas non impedirán o paso...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

Acabó la temporada futbolística y, con ella, las alegrías, las decepciones, los ascensossoñados y los descensos temidos. Pero cuando el balón deja de rodar queda tiempo parareflexionar sobre algunas cosas que ocurrieron en los estadios y que merecen unareflexión.Una...