Rías Baixas e Santiago afrontan un domingo inestable con chuvascos, treboadas e lixeira baixada das temperaturas

09 Maio 2026

O domingo 10, manterase a inestabilidade nas Rías Baixas e en Santiago, con intervalos nubrados e chuvascos intermitentes. En distintos momentos da xornada as precipitacións poderán ser localmente treboentas e mesmo vir acompañadas de sarabia.

As temperaturas descenderán lixeiramente(máximas a 17 a 19 graos), mentres que o vento soprará de compoñente sur e con intensidade moderada en xeral.

meteogalicia

O noso mar; vento do sur, forza 4 a 6 á mañá e á tarde e 3 a 5 á noite. Forte marusía. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e 1.5 a 2.5 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ofrenda” – Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...