Remata a 14ª edición de “O Parque Nacional coa Escola”

30 Maio 2026

Nesta recta final de maio rematou a XIV edición do programa de educación ambiental O Parque Nacional coa Escola, unha iniciativa promovida pola Consellería de Medio Ambiente para achegar á comunidade escolar os valores e a riqueza dos catro arquipélagos que conforman este espazo natural: Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada. O programa concluíu coa participación de case 2.000 estudantes de 53 centros educativos localizados nos concellos da súa área de influencia: Bueu, Vilagarcía de Arousa, Ribeira e Vigo.

Este programa, que combina e inclúe charlas, actividades didácticas e obradoiros (xogos, conta contos, presentacións audiovisuais…), está aberto á participación de colexios de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional co obxectivo principal de implicar e concienciar a alumnado de distintas idades na conservación do único parque nacional existente na Comunidade.

Durante o curso 2025-2026, as actividades programadas desenvolvéronse tanto no Centro de Visitantes que ten o parque en Vigo como nos propios colexios, en caso de que así o solicitaran desde os centros participantes.

Así mesmo, un total de 8 colexios das etapas de Infantil e Primaria, 14 aulas e 220 estudantes participaron no concurso final O Parque Nacional coa Escola, no marco do cal tiveron que presentar diferentes traballos creativos relacionados cos valores naturais e culturais dos catro arquipélagos.

Todos os colexios resultaron gañadores e como premio, foron convidados a visitar recentemente Cíes ou Ons, onde realizaron unha ruta interpretativa da man dos guías oficiais do parque. Ademais, as alumnas e alumnos foron agasallados polo seu esforzo cun diploma para a aula e un kit composto por mochila, camiseta e porta bocadillos.

Desde a posta en marcha da iniciativa no ano 2012, cómpre lembrar que veñen participando na mesma unha media de 45 centros e uns 2.000 alumnos por curso, de xeito que xa son preto preto de 26.000 os escolares participantes ata o de agora.

A Consellería de Medio Ambiente sinalou que a valoración do programa por parte dos docentes é “sempre moi positiva”, destacando a adaptación para cada nivel tanto das metodoloxías aplicadas como das dinámicas realizadas co alumnado. Engadiu que o “Parque Nacional coa Escola é xa unha referencia na educación ambiental galega, promovendo o coñecemento, o respecto e a conservación das Illas Atlánticas entre o alumnado das distintas etapas escolares”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...