Presentada en Santiago a nova edición do Rompetiño: Rompe X

03 Maio 2026

O alcalde do Porto do Son, Luis Oujo, xunto ao concelleiro de Deportes, Carlos Lorenzo, acudiron a semana pasada á gala de presentación da X edición do Rompetiño Jump, a festa da cultura e os deportes urbanos da vila sonense. A presentación celebrouse no Patio de Cristal do Hotel Monumento Santo Francisco, en Santiago de Compostela, e contou coa presenza de representantes institucionais, patrocinadores, así como unha nutrida representación de artistas vinculados á cultura urbana galega.

Conducida polo presentador da TVG Juan Fuentes, a gala serviu en boa medida para facer balance dunha década de evolución dun “proxecto que logrou consolidarse como unha das principais citas do noroeste peninsular, combinando deporte, música e moda”, explicaron as/os presentes na cita.

Na súa intervención, o rexedor sonense Luis Oujo, destacou “o impacto do evento na dinamización turística e social do municipio e salientou tamén que “detrás de cada edición do Rompetiño houbo persoas que soñaron cando aínda non había nada. Persoas que imaxinaron que Porto do Son podía ter un festival diferente, moderno, vivo, capaz de unir deporte, música, creatividade e convivencia nun mesmo espazo. Persoas que creron nunha idea mesmo cando era só iso: unha idea”.

A gala foi a antesala do festival, cuxa nova edición vén co nome de Rompe X. Celebrarase entre o 3 e 4 de xullo e promete ser novamente un dos grandes acontecementos xuvenís de toda Galicia. A organización xa confirmou que na vertente musical este ano contarase coa presenza de 9Louro, Carlota, Dirty Suc, Disobey, G La Sosita, Gigi.284, Glory Six Vain, Gloosito, Guyo, Hecky, Hoke, Jaydime, Kike Varela, La Zowi, Lorna, MDA, Midas Alonso, Selecta, SkinyZ, Slappy Av, Sticky M. A. e Vami.

Contarase coa colaboración do Concello e a Xunta, entre outras entidades e empresas.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...