Padrón celebra as Letras Galegas cun amplo programa cultural dedicado a Begoña Caamaño

08 Maio 2026

O Concello de Padrón presenta a programación das Letras Galegas 2026, unha proposta cultural “diversa e participativa” coa que se rende homenaxe á escritora e xornalista Begoña Caamaño Rascado, figura á que este ano se lle dedica a celebración do Día das Letras Galegas.

Pensado para todas as idades, o programa desenvolverase ao longo do mes de maio e inclúe “espectáculos familiares, concertos e o tradicional Festival das Letras Galegas, convertendo Padrón nun punto de encontro arredor da lingua e da cultura galega”, segundo confirmou o Concello.

As actividades comezarán o venres 15 de maio ás 18.00 horas na praza de Macías co espectáculo Brincadeiras da lingua, de Migallas Teatro, unha proposta dirixida ao público familiar que combina humor, música e participación arredor do noso idioma.

Na mesma xornada, ás 21.00 horas, a praza de Macías acollerá o concerto Cantares da terra, a cargo de Mallou, nunha actuación que reivindica a música de raíz e a tradición oral galega.

A programación continuará o sábado 16 de maio coa celebración do XXXVIII Festival das Letras Galegas, organizado pola Coral Polifónica Padronesa. O evento terá lugar ás 20.30 horas no Auditorio Municipal e contará coa participación da Coral Voces de Compostela, da Coral Feminina Barbanza e da propia Coral Polifónica Padronesa.

As Letras Galegas en Padrón pecharanse o sábado 30 de maio, ás 21.00 horas na praza de Macías, co concerto de Uxía Indómitas. Cancións begoñísimas, unha proposta musical especialmente creada arredor da figura e do legado de Begoña Caamaño.

O programa padronés das Letras Galegas 2026 conta coa colaboración da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

Foi necesario o paso de 60 anos para acadar que os habitantes da capital de Ribeira carentes de medios de transporte propios poideran desprazarse ata a praia do Vilar na tempada de verán. Esta praia é un dos máis prezados tesouros da contorna ribeirense e tardaron ben...

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

Saen dos seus fogares, todas as semanas, en busca de alimentos, medicamentos, bonos para viaxes ou algunha que outra axuda económica para gastos extraordinarios. Estas familias acoden a algunha ONG ou entidade social que as axudan desde hai décadas e mesmo, a algunhas...